letra
Audio 1

letra substantivo feminino1 Signo do alfabeto que representa un son dos que se empregan na fala. A letra ‘o’ ten forma de círculo. O alfabeto galego ten vinte e cinco letras.2 Conxunto de palabras dunha composición destinada a ser cantada. Escribir a letra dunha canción.3 Forma ou estilo da escritura. Non entendo a túa letra. Letra gótica.4 Interpretación literal dun texto. Atendeu máis á letra ca ao espírito da lei.5 Documento polo que unha persoa se compromete a pagar a outra certa cantidade de diñeiro. Acordaron pagar a cantidade restante cunha letra. substantivo feminino plural6 Área de coñecementos que se refire á literatura, á filosofía, á historia e ás linguas. Estuda unha carreira de letras. CONFRÓNTESE ciencias7Carta Escríboche estas letras para contarche como me vai. FRASES E EXPRESIÓNS CON letra Ao pé da letra VÉXASE Letra bastarda VÉXASE bastardo2 Letra capital VÉXASE capital Letra capitular VÉXASE capitular1 Letra carolinxia VÉXASE carolinxio Letra chanceleresca VÉXASE chanceleresco Letra cortesá VÉXASE cortesán Letra cursiva VÉXASE cursivo Letra de caixa alta VÉXASE caixa Letra de caixa baixa VÉXASE caixa Letra de cambio Letra (acepción 5). Aceptan a letra de cambio como forma de pagamento. Letra de médico Letra apenas intelixible. Ten letra de médico e eu non lla entendo. Letra gótica VÉXASE gótico Letra grosa VÉXASE groso Letra historiada Letra maiúscula con adornos e figuras. Cada un dos relatos do libro comezaba con letra historiada. Letra inglesa VÉXASE inglés Letra itálica VÉXASE itálico Letra maiúscula VÉXASE maiúsculo Letra minúscula VÉXASE minúsculo Letra morta Aquilo que non se cumpre ou non se aplica. O acordo pronto quedou en letra morta. Letra procesual VÉXASE procesual Letra redonda VÉXASE redondo Letra superior VÉXASE superior1 Letra supraescrita VÉXASE supraescrito Letra uncial VÉXASE uncial Letra versal VÉXASE versal Letra versaleta VÉXASE versaleta

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!