levantar
Conxugar
Audio 1

levantar /verbos/levantar.html verbo transitivo1 Mover de abaixo a arriba. Levantou un feixe. Levanta a cabeza. SINÓNIMOS alzar, erguer2 Pór de pé. Axúdame a levantalo. Tamén verbo pronominal Levantouse da mesa. SINÓNIMO erguer(se)3 Facer saír [alguén] da cama. Ás oito levantas o neno e vístelo. Tamén verbo pronominal Levantarse cedo, levantarse tarde. SINÓNIMO erguer(se)4 Facer aparecer [algo]. O frío levántalle ampolas na pel. As súas palabras levantaron unha nube de críticas.5 Dirixir cara ao alto. Levantar a vista. SINÓNIMO alzar ANTÓNIMO baixar6 Construír [unha obra que se realiza a partir dunha base]. Levantar as paredes. Levantaron a casa en moi pouco tempo. SINÓNIMO alzar CONFRÓNTESE edificar, erixir7 Desmontar, recoller [algo que está instalado e disposto]. Levantar o campamento.8 Facer cesar. Levantar a sesión.9 Deixar sen efecto. Levantáronlle o castigo.10 Poñer en mellor estado. A comarca está en crise e as novas medidas pretenden levantala.11 Aumentar a intensidade de [a voz]. Di o que queiras, pero non me levantes a voz.12 Trazar [un plano ou mapa]. As novas tecnoloxías axudan a levantar mapas máis precisos.13 Separar [algo] do sitio onde está adherido. A humidade levantou a madeira do chan.14 Suscitar, producir, causar. Levantar sospeitas. Levantar falso testemuño.15 Facer un can que [unha presa] se poña á vista ou a tiro do cazador. Andabamos por unha toxeira cando a cadela levantou un coello. verbo intransitivo16 [Tempo] mellorar, parar de chover. Parece que levantou o día. Mañá disque vai levantar o tempo. verbo pronominal17 Moverse de abaixo a arriba. Co vento levantouse po. SINÓNIMO alzarse ANTÓNIMO baixar18Xurdir Levantouse unha tormenta.19 Ir en contra de alguén que ten algún tipo de autoridade. O exército levantouse contra o Goberno. SINÓNIMOS alzarse, insubordinarse, insurxirse, rebelarse, sublevarse CONFRÓNTESE pronunciarse20 [Cousa alta] estar diante da vista. Ante nós levantábanse as torres da catedral. FRASES E EXPRESIÓNS CON levantar Levantar acta VÉXASE acta Levantar áncora VÉXASE áncora Levantar cabeza VÉXASE cabeza Levantarse do chan VÉXASE chan

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!