lingua
Audio 1

lingua substantivo feminino1 Órgano muscular móbil dos vertebrados, situado na cavidade bucal, que participa no proceso de mastigación e deglutición, é sede de parte do sentido do gusto e, no home, axuda a articular os sons. Mollou os labios coa lingua. A lingua do can.2 por extensión Cousa que, pola súa forma alongada, recorda unha lingua. Lingua de terra. Lingua de lume.3 Lingüística Código verbal natural usado polos membros dunha sociedade concreta, que está constituído por un variado repertorio de elementos e regras. A lingua galega, a sueca. SINÓNIMOS fala, idioma4 Variedade dunha lingua propia dunha área xeográfica, dun grupo social, dun escritor etc. É propio da lingua de Bergantiños. A lingua dos mariñeiros. SINÓNIMO fala CONFRÓNTESE dialecto A riqueza da lingua de Cunqueiro. CONFRÓNTESE linguaxe5 Estudo das palabras e da gramática dunha lingua particular. Hoxe temos lingua na aula doce. SINÓNIMO linguaxe6 Feito de falar de máis ou de utilizar a linguaxe para murmurar ou ofender. Hai que ter conta coa lingua e saber o que se di. FRASES E EXPRESIÓNS CON lingua Botar a lingua (a alguén) Amosar ostensible e intencionalmente a lingua como mostra de burla ou desprezo. O neno volveuse e botoulle a lingua. Botar a lingua a pacer Criticar [algo ou a alguén] sen coñecelo suficientemente. Xa estás botando a lingua a pacer, considerándoo culpable sen saber se o é. Coa lingua de fóra Con mostras de gran cansazo. Subiu a costa apurando e chegou arriba coa lingua de fóra. SINÓNIMO coa lingua fóra Coa lingua fóra Coa lingua de fóra. Senta aquí, que vés coa lingua fora. Darlle á lingua Falar moito, normalmente cando se fai de maneira insubstancial. Para de darlle á lingua, que me fas doer a cabeza. Irse da lingua Contar o que se debería calar. Se te vas da lingua non che volvo contar nada. Lingua cerviña (Phyllitis scolopendrium) Fieito da familia das polipodiáceas, vivaz, con frondes simples, enteiras e lanceoladas e pecíolo curto. Xunto ao muro hai unha matogueira de lingua cerviña. SINÓNIMOS cerviña, cervúa, herba cervúa, pé cervún Lingua de boi (Anchusa undulata) Planta herbácea da familia das borraxináceas, co talo piloso, follas simples alternas e flores en cimas de cor azul ou violeta. A lingua de boi florece entre abril e xuño. Lingua de can (Cynoglossum officinale) Planta herbácea da familia das borraxináceas, co talo piloso, igual ca as súas follas lanceoladas e flores en panícula de cor violácea. A lingua de can medra en zonas montañosas. SINÓNIMO cinoglosa Lingua de ovella (Plantago lanceolata) Planta herbácea da familia das plantaxináceas, de follas basais lanceoladas, lixeiramente pilosas e flores en espiga. No prado medraban moitas linguas de ovella. Lingua de vaca (Plantago major) Planta herbácea da familia das plantaxináceas, con follas anchas ovais que teñen o pecíolo tan longo coma o limbo e cinco nervios moi marcados e as flores en espiga longa e apertada. A lingua de vaca empregouse nalgún tempo como adstrinxente. SINÓNIMOS chantaxe1, correola Lingua franca A utilizada por persoas de linguas maternas diferentes para podérense comunicar entre si. Unha lingua franca pódese converter en lingua oficial dun país. Lingua inicial A primeira lingua que se aprende a falar na nenez. Nas enquisas que lles fixeron aos rapaces do colexio, a maioría tiñan o galego como lingua inicial. SINÓNIMO lingua materna Lingua materna A primeira lingua que se aprende a falar na nenez. O galego é a súa lingua materna. SINÓNIMO lingua inicial Lingua morta Lingua que xa non ten falantes propios. O dálmata é unha lingua morta. Lingua vehicular Lingua utilizada nunha determinada situación comunicativa. O centro educativo establece a lingua vehicular para cada materia. Lingua vernácula Lingua propia dun país ou lugar. Reclámase unha maior presenza da lingua vernácula no ámbito xudicial. Lingua viperina 1 Persoa que anda sempre a falar mal dos demais, que murmura e ofende. É un lingua viperina. 2 A maneira de falar desta persoa. Todos temiamos a súa lingua viperina. Mala lingua 1 Propensión a murmurar ou calumniar. Ten mala lingua, se non fala mal dos demais non lle vai ben. 2 Persoa que murmura ou calumnia. É un mala lingua, non lle fagas caso. Non ter a lingua trabada Falar claramente e sen rodeos. Non ten a lingua trabada, diche o que pensa. SINÓNIMOS non ter lixos na lingua, non ter papas na boca, non ter pelos na lingua Non ter lixos na lingua VÉXASE lixo Non ter pelos na lingua VÉXASE pelo Piollos da lingua VÉXASE piollo Ter a lingua afiada Ser mordaz. Ten a lingua afiada e as súas palabras sempre resultan polémicas. Ter moita lingua Falar demasiado e desconsideradamente. Púxose a mal co veciño por ter moita lingua. Ter na punta da lingua (algo) Estar a punto de recordar [algo]. Dígoche agora o nome, que o teño na punta da lingua. Tirar da lingua (a alguén) Incitar ou obrigar a alguén arteiramente a que diga ou conte algo. Tíralle da lingua a ver se che conta o que pasou. SINÓNIMO tirar pola lingua Tirar pola lingua (a alguén) Tirar da lingua. Quíxolle tirar pola lingua, pero quedou como estaba.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!