lista
Audio 1
Audio 2

lista substantivo feminino1 Raia máis ou menos ancha cunha cor diferente á do fondo en que está tecida, pintada etc. Unha camiseta de listas.2Listaxe Lista de alumnos que aprobaron o exame. CONFRÓNTESE inventario, táboa FRASES E EXPRESIÓNS CON lista Lista de agarda Relación de nomes de persoas que agardan para obter unha axuda, recibir un servizo etc. O obxectivo prioritario era reducir as listas de agarda na sanidade pública. As prazas da escola intantil estaban esgotadas, polo que quedou inscrito na lista de agarda. Lista de voda Relación de obxectos que os futuros contraentes seleccionan nun establecemento comercial, para que os convidados elixan entre eles os regalos que queren facer. Na invitación xa indicaban onde tiñan a lista de voda. Lista negra Relación secreta de persoas ou entidades que se consideran sospeitosas ou perigosas. Elaboraron listas negras cos nomes dos disidentes do réxime. Pasar lista Ler os nomes das persoas que están nunha lista para comprobar a súa presenza. A profesora pasou lista para ao comezo da clase.Voz actualizada 2018-04-27 12:24:54 Incluíuse a frase "lista de agarda"

listo, lista
Audio 1
Audio 2
Audio 3

listo (feminino: lista) adxectivo1 Que entende rapidamente as cousas ou ten capacidade para formar ideas. Unha persoa lista. Os cans son animais moi listos. SINÓNIMO intelixente ANTÓNIMOS babeco, bobo, parvo2 Que sabe o que lle convén e actúa conforme a iso. Es moi listo, pero nesta ocasión equivocácheste. SINÓNIMO astuto ANTÓNIMOS bobo, fato2, idiota, parvo3 Que está disposto para algo, que está en condicións de ser utilizado. Estou listo para marchar. A comida xa está lista.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!