livián
Audio 1

livián1 substantivo masculino popularPulmón OBSERVACIÓNS: Emprégase xeralmente en plural Os liviáns de porco utilízanse para encher as longaínzas. SINÓNIMOS alegría, boche, bocho, bofe, bucho1, corada

livián, liviá
Audio 1
Audio 2

livián2 (feminino: liviá) adxectivo1 Que non pesa ou que ten pouco peso. Levaba unha carga liviá. SINÓNIMOS leve, lixeiro ANTÓNIMO pesado2 De pouca importancia, que se fai notar pouco. Sopraba un vento livián. SINÓNIMO lixeiro Recibiu un castigo livián. Non estaban preocupados, xa que o neno sufría unha enfermidade liviá. SINÓNIMO leve3 Que actúa sen reflexionar ou que cambia facilmente de opinión, ideas, sentimentos etc. [persoa]. É un home moi livián, hoxe di unha cousa e mañá outra. SINÓNIMOS inconstante, inestable, lixeiro, voluble ANTÓNIMOS constante, estable4 Que manifesta unha maneira de actuar pouco reflexiva [cousa]. Sentimentos liviáns.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!