longo, longa
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

longo (feminino: longa) adxectivo1 Que ten moita lonxitude ou máis da que é habitual. Pernas longas. Un camiño máis longo ca outro. ANTÓNIMO curto2 Que dura moito tempo ou máis tempo do que se espera. Unha película demasiado longa. Unha longa enfermidade. Longas vacacións. ANTÓNIMOS breve, curto3 Que precisa moito tempo para ser lido ou escrito. Unha longa lista de nomes. Un relato moi longo. SINÓNIMO extenso ANTÓNIMOS breve, curto4 Fonética e Métrica [Vogal, sílaba] de duración superior á media. O troqueo é un pé da poesía grecolatina formado por unha sílaba longa e outra breve. substantivo feminino5 Música Nota que equivalía á metade ou a un terzo dunha máxima na antiga notación proporcional da Ars Nova. A longa representábase cun cadrado que tiña unha barra vertical cara a abaixo nun dos seus lados. substantivo masculino6 Longura, lonxitude. Unha mesa de tres metros de longo. Un libro de vinte e catro centímetros de longo e quince de largo.7 Deporte Percorrido correspondente á dimensión maior dunha piscina. A nadadora fixo unha mellor marca no segundo longo. FRASES E EXPRESIÓNS CON longo Ao longo de locución preposicional 1 No sentido da maior dimensión daquilo que se menciona. Foi andando ao longo do camiño. 2 Indica duración no tempo. Ao longo da vida adquírese experiencia.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!