luz
Audio 1

luz substantivo feminino1 Física Radiación electromagnética, que se propaga no baleiro a 299.792,458 km por segundo, capaz de producir o fenómeno da visión no ser humano. As radiacións ultravioletas ou infravermellas non son luz.2 Axente físico que fai visible os obxectos, en contraste coa sombra ou a escuridade circundante. Nesta sala hai pouca luz. A luz do día. Espertouno a luz que entraba pola ventá. SINÓNIMO claridade Apaga a luz, que aínda se ve ben. Polo san Xoán, a luz das fogueiras ilumina a noite. Luz natural, luz artificial.3 por extensión Punto do que sae esa enerxía, utensilio para iluminar. Quedáronche as luces do coche acesas. SINÓNIMO faro Quedaríache ben unha luz nese recanto do salón.4 popular A enerxía eléctrica. Foise a luz. SINÓNIMOS corrente, corrente eléctrica, electricidade5 Ventá ou abertura nas paredes exteriores dun edificio. OBSERVACIÓNS: Utilízase sobre todo en plural Abriron catro luces na fachada principal. CONFRÓNTESE oco, van Un patio de luces.6 figurado Persoa ou cousa que ilumina a mente ou o corazón, que ilustra ou guía. Ti es a nosa luz. O seu exemplo serviu de luz para moitas vidas. A luz da razón. substantivo feminino plural7 Capacidade intelectual dunha persoa. OBSERVACIÓNS: Úsase fundamentalmente en expresións que cuantifican esa capacidade Un rapaz de poucas luces. SINÓNIMO intelixencia8 Parte clara ou máis clara ca outras, nunha pintura ou nun debuxo. No cadro apreciábase un hábil xogo de luces e sombras. FRASES E EXPRESIÓNS CON luz Á luz de (unha cousa) 1 Iluminado pola luz de. Á luz do candil. 2 Xulgando pola información que proporciona. Á luz deste informe, parece que hai indicios de delito. A todas luces Evidentemente, mírese por onde se mire. A todas luces a razón está da súa parte. Ano luz VÉXASE ano1 Botar luz (sobre un asunto)Aclaralo A obriga da comisión é botar luz sobre esa trama. Dar a luzParir Noutros tempos, era habitual dar a luz na casa. Luz cenital VÉXASE cenital Media luz Luz escasa. Bailar a media luz. Sacar (algo) á luz, á luz pública Publicalo, descubrilo ante a opinión pública. Foi a prensa quen sacou á luz o asunto. Saír (algo) á luz, á luz pública Ser publicado, presentarse abertamente á opinión pública. Un novo libro acaba de saír á luz. Traxe de luces VÉXASE traxe Ver a luz 1 Ser publicado ou coñecido abertamente. O primeiro exemplar da revista viu a luz no 1932. 2Nacer O célebre escritor viu a luz na cidade da Coruña.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!