máximo, máxima
Audio 1
Audio 2
Audio 3

máximo [ks] (feminino: máxima) adxectivo1 Que constitúe ou que acadou o grao máis alto posible entre varios. É unha cuestión de máxima importancia. SINÓNIMO sumo1 ANTÓNIMO mínimo Pedíronlle que gardase o máximo silencio sobre a cuestión. SINÓNIMO maior ANTÓNIMO mínimo Como máximo, pagaranche seiscentos euros ao mes. ANTÓNIMO mínimo substantivo masculino2 Grao máis alto ao que pode chegar algo ou alguén. O posto de director é o máximo ao que podes aspirar nesa empresa. ANTÓNIMO mínimo O que che contei é o máximo que che podo contar sobre o asunto. ANTÓNIMO mínimo substantivo feminino3 Frase, fixada ou non na forma, que expresa unha regra moral ou de conduta. Gustáballe repetir, cando tiña ocasión, unha máxima ou un refrán. SINÓNIMO aforismo CONFRÓNTESE proverbio, sentenza4 Idea pola que se guía unha persoa na súa conduta. A súa máxima era servir no posible aos demais.5 Música Nota de maior duración na antiga notación proporcional da Ars Nova. Unha máxima podía equivaler a dúas ou tres longas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!