mínimo, mínima
Audio 1
Audio 2
Audio 3

mínimo (feminino: mínima) adxectivo1 Que alcanzou ou que constitúe o grao máis pequeno posible ou o máis pequeno entre varios. As temperaturas mínimas non baixaron dos 10º. A lei do mínimo esforzo. ANTÓNIMO máximo Só quería unha cantidade mínima. SINÓNIMOS exiguo, insignificante ANTÓNIMOS colosal, enorme, inmenso, inxente, tremendo Vive nunha casa mínima. SINÓNIMO exiguo ANTÓNIMO enorme substantivo2 Relixión Relixioso dunha orde mendicante fundada por Francisco de Paula no século XV. Na viaxe puido coñecer un antigo convento dos mínimos. substantivo masculino3 A cousa, a consecuencia, a vantaxe etc., máis pequena. O mínimo que lle pode pasar é que o multen. ANTÓNIMO máximo substantivo feminino4 Música Nota que equivalía a dúas ou tres semibreves na antiga notación proporcional da Ars Nova. A mínima representábase cun rombo e unha liña vertical. A denominación de mínima hoxe en día xa non se utiliza. FRASES E EXPRESIÓNS CON mínimo Ao mínimo O máis que se poida, o que sexa posible. Hai que reducir ao mínimo os gastos. Como mínimo Polo menos. Como mínimo eran unha ducia.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!