macho
Audio 1

macho1 substantivo masculino Mazo grande para forxar o ferro. O ferreiro traballa o metal coa zafra e o macho.

macho
Audio 1

macho2 substantivo masculino1 Individuo que, nos seres vivos con sexos separados, posúe órganos sexuais capaces de fecundar. OBSERVACIÓNS: Pode ser usado en aposición a un substantivo. Unha xirafa macho. Un kiwi macho O macho da cadela é o can.2 Parte que se introduce ou se encaixa noutra, naqueles obxectos que constan de dúas pezas. OBSERVACIÓNS: Pode ser usado en aposición a un substantivo. Os enchufes teñen unha parte macho e outra femia Se compras corchetes véndenche xuntos o macho e mais a femia. As táboas acameladas teñen macho e femia. O macho afírmase no temón.3 Peza na que se incrusta a rella do arado. Colócalle ben a rella ao macho.4 Instrumento que se utiliza para estriar unha peza ou obxecto, xeralmente, metálico. Valeuse do macho para estriar os buracos do andel.5 Molde para facer campás. Puidemos ver campás de diferentes tamaños e os machos nos que as fundiron. adxectivo6 Que reúne en gran medida ou como prototipo as calidades que, tradicionalmente, se consideran propias do sexo masculino como forza, valentía etc. Demóstralles a todos que es moi macho. FRASES E EXPRESIÓNS CON macho Macho alfa Macho dominante dunha manda de animais. Nas comunidades de chimpancés hai un macho alfa.

macho

macho3 substantivo masculino Animal de carga híbrido e estéril, de sexo masculino, que nace da unión dunha egua cun burro ou dunha burra cun cabalo. Traía dous machos cargados de sal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!