maior
Audio 1

maior adxectivo1 Que excede a outro ou outros en calidade, idade, intensidade etc. A súa pena non é maior ca a miña. SINÓNIMOS meirande, mor A carga que eu levo é maior ca a que levas ti. SINÓNIMOS meirande, mor Os nenos de meu irmán son maiores ca os meus. SINÓNIMO mor, ANTÓNIMO menor2 Que alcanza unha idade na que se pode esixir certa responsabilidade. OBSERVACIÓNS: Pode referirse en concreto á maioría de idade Vós xa sodes maiores e debestes pensar o que faciades. SINÓNIMO grande ANTÓNIMO menor3 De idade adulta ou de idade avanzada. Non vos comportedes como persoas maiores. A túa nai é xa maior e ten que coidarse. CONFRÓNTESE vello substantivo masculino plural4 Persoas de idade adulta e, de modo especial, os de moita idade e os antepasados. Os maiores deberiamos escoitar máis os nenos. Os nosos maiores. substantivo masculino5 O terceiro dedo da man, entre o índice e o anular. O maior é o máis grande de todos. SINÓNIMO pai de todos Tamén adxectivo masculino Dedo maior. FRASES E EXPRESIÓNS CON maior A maiores locución adverbial Ademais do que se acaba de dicir. O percorrido é de vinte quilómetros, sen contar os desvíos que se poidan facer a maiores. Augas maiores VÉXASE auga Clérigo de maiores VÉXASE clérigo Maior de idade VÉXASE idade

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí