man
Audio 1

man substantivo feminino1 Parte do corpo humano situada no extremo de cada brazo, con cinco dedos, que serve para agarrar e onde radica por excelencia o sentido do tacto. É máis destro coa man esquerda ca coa dereita. Na escuridade orientábase tentando coas mans.2 Parte do corpo dos simios situada no extremo de cada unha das catro extremidades, cun dedo polgar oposto aos outros catro. Os chimpancés teñen catro mans.3 Cada unha das patas dianteiras de certos cuadrúpedes. As mans dun cabalo. SINÓNIMO brazo4 Aptitude para facer algo ben ou para tratar á xente de maneira adecuada. Ten moita man para o debuxo. Non ten man cos nenos. SINÓNIMOS arte, habelencia, habilidade, maña5 Cada capa de pintura, verniz ou outras substancias que se aplica dunha vez. Xa lles dei ás viñas tres mans de sulfato.6 Lado dereito ou lado esquerdo. Cando chegue ao cruzamento, torza á man dereita. Eu ía pola miña man cando o ciclista se me atravesou.7 Conxunto de tiradas que se xogan nunha partida desde que se dan as cartas ou as fichas ata que se acaban, e ao cabo das cales se gaña ou perde algún punto. Gañou a primeira man da partida de tute, pero perdeu as outras sete.8 Gran cantidade. Deixáronlle os avós unha man de cartos. SINÓNIMOS chea, manchea, montón, morea19 Maneira, estilo particular de facer as cousas, ou de telas. En toda a casa percibíase a man dunha persoa pulcra e ordenada. FRASES E EXPRESIÓNS CON man Alzar a man VÉXASE alzar Á man locución adverbial 1 Manualmente, sen axuda de máquinas. Bordado á man. 2 Preto, ao alcance da man. Procura ter uns calmantes á man por se che doe. A man alzada Levantando a man. Votación a man alzada. Debuxo a man alzada. Á man armada Con armas. Atraco á man armada. Aperta de mans VÉXASE aperta Bater as mans Facer que choquen unha contra a outra en sinal de conformidade, admiración etc. Ao final do concerto o público bateu as mans un bo anaco. SINÓNIMO aplaudir Botar man de (algo ou alguén) Recorrer a algo ou alguén. Tivo que botar man das súas amizades para solucionar o asunto. Botar unha manAxudar Bótalle unha man a teu pai. Caer nas mans de Caer en poder de. Caeu nas mans da mafia. Cargar a man 1 Reprimir con dureza. Prenderan os opositores e con algúns cargaran a man. 2Excederse Cargaches tanto a man sementando que naceron nabos a eito. 3 Insistir sobre algo. O director deulles as instrucións, cargando a man no cumprimento das normas. Chegar ás mans Chegar á violencia, pelexar. Pouco lles faltou para chegar ás mans. Chegar ás mans de (alguén) VÉXASE chegar Chocar a man Saudar ou felicitar a alguén apertándolle suavemente a man. Cando entrou chocoulles a man a todos. Choque de mans VÉXASE choque Coas mans atadas Sen posibilidade de actuar. No seu momento comprometeuse co proxecto e agora está coas mans atadas. Coas mans baleiras Sen nada. Cando nos visita, nunca vén coas mans baleiras. Co corazón na man VÉXASE corazón Coma a palma da man VÉXASE palma Cunca das mans VÉXASE cunca Da man de Por mediación de. Entrou na empresa da man do xerente. Dar a man Chocar a man. Achegouse a el e deulle a man. Dárense a man (dúas cousas) Unírense, conxugárense. Empresa pública e iniciativa privada danse a man para facer realidade este proxecto. Deixar da man (de alguén) Deixar ao coidado, baixo a responsabilidade de alguén. Deixo da túa man o asunto, soluciónao axiña. De man Portátil, de uso manual. Un bolso de man. Granada de man. De man en man Dunha persoa a outra. Non llo prestes a ninguén, que non quero que ande por aí de man en man. De primeira man 1 Non usado anteriormente. Desta, mercou un coche noviño, de primeira man. 2 Tomado directamente da fonte, do orixinal. Este libro utiliza material de primeira man. De segunda man Xa usado con anterioridade por outro. É de segunda man, pero non che ten dúbida. En boas mans Entregado a quen o vai tratar ben. OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente con ironía para significar todo o contrario Ímonos tranquilos porque sabemos que o deixamos en boas mans. Foiche caer en boas mans, o pobre. En mans de En poder de, baixo a dependencia de. A droga incautada está en mans da policía. Entregar na man Entregar en persoa ao propio interesado. Solicitou que lle entregaran na man o paquete. Estar nas mans de (alguén) 1 Depender de alguén. O futuro do equipo está nas mans do presidente. 2 Caber dentro das posibilidades de alguén. Está nas túas mans superar esa marca. Estar (unha cousa) da man de (alguén) Estar algo tal e como deixou ou como ten a persoa responsable del nese momento. Todos os papeis están da man do administrativo; terás que preguntarlle a el por ese contrato. Freo de man VÉXASE freo Irse (algo) das mans Escapar ao control. A situación complicouse e fóiselle das mans. Írselle a man (a alguén)Excederse Fóiselle a man co sal. Lavar as mans (nun asunto) Desentenderse, non facerse responsable. Vós veredes, eu lavo as mans; non quero saber nada. Man de ferro Forte autoridade. Goberna con man de ferro. Man de obra Persoas con capacidade de traballo, traballadores. Necesitaban man de obra con experiencia. Man dura Rigor, severidade. Trátao con man dura. Man esquerda Habilidade, boa disposición para tratar a xente da maneira adecuada. Fai falta alguén con man esquerda que saiba conciliar as posturas enfrontadas. Man firme Enerxía, autoridade. Dirixe a empresa con man firme. Man lixeira Carácter dunha persoa que adoita pegar a outras por calquera cousa e sen pensalo moito. Ten a man lixeira e cando menos o pensas xa montou unha liorta. Mans á obra Inicio dun traballo ou asunto con interese. En canto chegou, xa se puxo mans á obra. Nas mans de En mans de. Toda a información obtida quedou nas mans dos corpos de seguridade. Pano da man VÉXASE pano Papo da man VÉXASE papo Pedir a man Pedir en casamento. Andaba o avó a contar como lle fora pedir a man da avoa a súa familia. Quitar (unha mercadoría) das mans Acudir en masa a xente a comprar unha mercadoría. Na liquidación da tenda, quitábanlle as cousas das mans. Ter as mans libres Ter independencia para obrar. Ten as mans libres, pode distribuír o traballo como queira. Ter de man (a alguén) Ter alguén a quen recorrer en caso necesario para certos asuntos. Non terás alguén de man no Concello que te informe ben sobre esas subvencións? Ter entre mans Estar ocupado cun asunto. Non sei o que ten entre mans. SINÓNIMO traer entre mans Ter man de 1 Ter collido ou suxeito algo ou alguén de maneira que non caia ou non se mova. Tenlle man dos libros, fai o favor. SINÓNIMOS ter conta de, termar 2 Estar ou quedar ao cargo de. Chamei a Rosiña para que me teña man dos nenos. SINÓNIMOS dar conta de, ter conta de Ter man para (algo) Ter habilidade, darse maña para algo. Ten moi boa man para a cociña. Ter na palma da man VÉXASE palma Traer entre mans Ter entre mans. Non pode estar sen facer nada, sempre trae algo entre mans. Traer na palma da man VÉXASE palma

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!