manter
Conxugar
Audio 1

manter /verbos/manter.html verbo transitivo1 Proporcionar alimento, dar de comer a. Mantíñano no hospital só con soros. SINÓNIMOS alimentar, nutrir Mantén os porcos con salvado e fariña. SINÓNIMOS alimentar, sustentar2 Proporcionarlle o necesario para vivir a. Ela soa mantiña a toda a familia. SINÓNIMOS soster, sustentar3 Facer posible que [unha cousa] continúe da maneira que se expresa ou que non desapareza. Debedes manter a calma. SINÓNIMOS conservar, gardar Manter a comida quente. Hai que manter limpa a cidade. Aínda mantén as súas amizades de rapaz. SINÓNIMO conservar4 Realizar [algo] de maneira continuada. Manteñen correspondencia co estranxeiro.5 Ter [determinada actitude] de maneira continuada. Mantén unha actitude que nos sorprende.6 Defender [unha idea, opinión]. Segue mantendo que el non estaba na casa aquel día. SINÓNIMOS soster, sustentar7 Termar de [algo] para que non caia ou se mova. Mantiña o libro na man. SINÓNIMOS soster, sustentar verbo intransitivo8 Servirlle de alimento ao organismo. Os doces que estás comendo engordan e non manteñen. SINÓNIMOS alimentar, nutrir verbo pronominal9 Tomar alimento e darlle así enerxía ao organismo. Os bebés mantéñense de leite. SINÓNIMOS alimentarse, nutrirse, sustentarse10 Procurar para si o necesario para vivir. Xa tendes anos bastantes para mantervos vós sós.11 [Algo ou alguén] continuar na mesma situación ou estado. Aínda se mantén en pé, despois de tantas horas. Vanse manter as altas temperaturas para a fin de semana. SINÓNIMOS conservarse, continuar, permanecer, proseguir, seguir, sosterse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!