marca
Audio 1

marca substantivo feminino1 Acción de marcar. Aínda non tivo lugar a marca das reses.2 Debuxo, letra, trazo ou calquera outra cousa que se pon ou fai sobre un obxecto ou que se deixa nun lugar, para recoñecelo e distinguilo doutros. Ponlles unha marca ás túas cousas para non perdelas. SINÓNIMO sinal CONFRÓNTESE distintivo Fixeron unhas marcas no chan para indicar que alí remataba a carreira. SINÓNIMO sinal3 Aquilo que permite distinguir algo, que fai saber ou recoñecer algunha cousa. As árbores servían de marca para localizar o sitio. SINÓNIMO sinal4 Debuxo ou nome con que unha empresa comercial distingue os seus produtos. Marca de fábrica. Unha marca de coches. Unha marca pouco coñecida.5 Trazo ou conxunto de trazos deixados por algo ou alguén no lugar sobre o que estivo. Deixou no po as marcas dos pasos. SINÓNIMO pegada Levou un golpe e quedoulle a marca. SINÓNIMO sinal CONFRÓNTESE cicatriz6 figurado Aquilo que queda de algo que exerceu moita influencia. A tristeza é a marca que deixou nela unha infancia desgraciada. SINÓNIMOS pegada, sinal7 Resultado, nivel etc., en especial deportivo, conseguido e confirmado cunha medición. Superou a mellor marca do mundo de cen metros lisos. Neste congreso superouse a marca de participación e a de asistencia de público. SINÓNIMO récord8 Historia Provincia ou territorio fronteirizo. As marcas do Imperio Carolinxio. substantivo feminino plural9 Deporte Lugar ao que se lle pon algún sinal e no que deben estar situados os que participan nunha competición no momento de comezar esta. Os corredores xa están nas súas marcas e o xuíz pode dar o sinal de saída. FRASES E EXPRESIÓNS CON marca De marca De empresa comercial coñecida e con prestixio, e que normalmente é excelente en calidade. Viste con roupa de marca. Marca branca Marca pertencente a unha cadea de distribución, para comercializar a prezos reducidos produtos que poden ser de calidade máis baixa ca os das marcas recoñecidas. Aforrar en custos de publicidade permite abaratar os prezos das marcas brancas. Orixinariamente os envases dos produtos de marca branca eran desta cor. Marca de auga 1 Sinal ou debuxo feito no papel ao fabricalo, e que se percibe ao miralo a contraluz. A marca de auga no folio representaba un animal mitolóxico. SINÓNIMO filigrana 2 Informática Marca feita sobre un obxecto dixital (imaxe, vídeo, software etc.), que pode ser perceptible a simple vista ou non, como sinal de identificación da persoa ou entidade que posúe os dereitos de propiedade intelectual. As imaxes que proxectou na presentación levaban a marca de auga do seu autor. Marca rexistrada Marca recoñecida legalmente para identificar de maneira exclusiva un ou varios produtos comerciais ou servizos. A condición de marca rexistrada adoita representarse coas abreviaturas ®, M.R. ou ™.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!