marcar
Conxugar
Audio 1

marcar /verbos/marcar.html verbo transitivo1 Pór [unha marca] en algo para distinguilo e recoñecelo ou para facelo notar. Hai que marcar as iniciais na roupa do neno para que non a confunda coa dos seus compañeiros.2 Facer que [algo] se recoñeza ou distinga mediante unha marca. Marcouche cunha cruz os exercicios que fixeches mal. SINÓNIMO sinalar ANTÓNIMO desmarcar3 Servir de marca ou sinal para recoñecer ou facer saber [algo]. O río marca o límite entre as dúas provincias. SINÓNIMO sinalar4 Indicar o prezo en [un produto comercial]. Marcou as mercadorías que chegaron novas.5 Rexistrar un instrumento [algo que se pode medir ou contar]. O reloxo marcaba as doce do día. O termómetro marcaba 30º ao sol. SINÓNIMOS indicar, sinalar6 Deixar marca sobre [algo]. Marcoulle a cara dunha navallada.7 figurado Deixar unha forte impresión en [algo ou alguén] por exercer unha grande influencia. Aquela terrible experiencia marcouno para o resto da súa vida.8 Sinalar nun teléfono [os números necesarios] para establecer unha comunicación. Marca o número da miña casa que quero falar coa miña nai. Tamén absoluto Volve marcar a ver se seguen comunicando.9 Facer que [algo] se note ou destaque. Levaba un traxe que lle marcaba a figura.10 Acentuar e delimitar [un movemento]. Marcar o paso. Marcar o compás.11 Deporte Realizar un xogador o labor de control ou vixilancia de [un xogador do equipo contrario]. O adestrador mandoulle marcar o dianteiro. SINÓNIMO cubrir12 Deporte Meter [gol ou canastra]. O equipo local ten que marcar dous goles para gañar. Tamén absoluto Acaba de marcar o equipo contrario.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!