marcha
Audio 1

marcha substantivo feminino1 Acción de marchar. Está preparando a súa marcha da cidade. SINÓNIMOS partida, saída ANTÓNIMO chegada2 Desprazamento dun lugar a outro. A marcha do tren era lenta. Facer unha marcha.3 Evolución dunha cousa ou dunha persoa, sucesión dos distintos estadios dun proceso. Seguir a marcha dos acontecementos. SINÓNIMO curso Non me gusta a marcha que leva ese rapaz.4 Mecánica Relación que se establece entre a velocidade de rotación do motor dun vehículo e a das rodas. Conforme aumenta ou diminúe a velocidade do coche hai que ir cambiando de marcha. SINÓNIMO velocidade5 coloquial Ánimo ou ambiente de diversión. O sábado pola noite había moita marcha. Preparábanse para saír de marcha.6 Deporte Carreira pedestre que consiste en camiñar rapidamente, mantendo sempre un pé en contacto co chan. Participou nos vinte quilómetros marcha.7 Milicia Toque para que marche a tropa ou para facer honores militares. Os soldados desfilaban ao son da marcha.8 Música Peza musical de ritmo moi marcado. A banda de música tocou unha marcha. Marcha fúnebre. FRASES E EXPRESIÓNS CON marcha Abrir a marcha Ir diante de todo nun grupo que vai dun lugar a outro. Os rapaces ían abrindo a marcha. A marchas forzadas Con toda a présa ou rapidez posible. Aquel día traballamos a marchas forzadas. A toda marcha Con toda a velocidade posible. O tren pasaba a toda marcha. SINÓNIMO a toda máquina Cerrar a marcha Ser o último dun grupo que se despraza de lugar. En marcha En funcionamento. Pon a lavadora en marcha. Marcha atrás Mecanismo que permite retroceder nun vehículo ou outro aparello. Meteu a marcha atrás para aparcar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!