marco
Audio 1

marco substantivo masculino1 Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra. Pórlles os marcos ás leiras. SINÓNIMOS fito, mollón, mouteira CONFRÓNTESE chito, marcote2 Unidade monetaria de Alemaña ata a adopción do euro. A vinculación do marco co padrón ouro durou ata a primeira guerra mundial.3 Moeda que representa esta unidade. Vinte marcos.4 Peza de madeira ou doutro material coa que se rodean os bordos dun espello, o oco dunha porta ou dunha ventá etc. Puxéronlles ás portas marcos de aluminio. SINÓNIMOS cadro, marcación5 figurado Ambiente ou medio físico no que algo ten lugar. As conversacións fixéronse nun marco hostil. As escenas da película filmáronse en marcos naturais. SINÓNIMO medio FRASES E EXPRESIÓNS CON marco Marco quilométrico Marco situado á beira dunha estrada, camiño ou vía férrea que indica a distancia que hai entre o punto en que está situado e o inicio da vía, camiño ou estrada. A peregrina tirou unha foto xunto ao marco quilométrico ao chegar a Fisterra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!