materia
Audio 1

materia substantivo feminino1 Substancia que ocupa un espazo, que ten masa e peso e que é do que están constituídos os corpos. A materia pode presentarse en estado sólido, líquido ou gasoso.2 Calquera substancia con características determinadas que permiten diferenciala doutra, e que pode adoptar forma concreta ou non. O petróleo é unha materia inflamable. Materia orgánica.3 Aquilo sobre o que se fala, se escribe ou se pensa. Eu desa materia non entendo. Direi unhas palabras antes de introducirnos na materia. SINÓNIMOS asunto, tema4 Rama do saber que é obxecto de estudo escolar. Este ano meteron unha materia nova en primeiro curso. En setembro ten que examinarse de dúas materias. CONFRÓNTESE disciplina FRASES E EXPRESIÓNS CON materia En materia de No que se refire a. En materia de organización, podes confiar nela. Entrar en materia Comezar a tratar dun tema ou asunto. Os participantes no coloquio tardaron en entrar en materia. Materia gris 1 Anatomía Materia composta de células nerviosas, fibras nerviosas e vasos, que forman o córtex cerebral, ganglios centrais e o eixe da medula. A materia gris está rodeada dunha materia branca. SINÓNIMO substancia gris 2 por extensiónIntelixencia Ten tanta materia gris coma un elefante. SINÓNIMO substancia gris Materia prima Substancia en bruto que, mediante diferentes procesos técnicos, a industria transforma en produtos aptos para o consumo. Exportan materias primas e importan produtos elaborados.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!