memoria
Audio 1

memoria substantivo feminino1 Facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas. Disque os elefantes teñen moita memoria. CONFRÓNTESE acordo2 Recordo colectivo que queda de algo ou de alguén. Nos últimos vinte anos, non hai memoria dun feito semellante a ese. Fixeron unha homenaxe para honrar a memoria do falecido.3 Electrónica Dispositivo, xeralmente electrónico, que permite rexistrar e almacenar información para poder recuperala e usala cando sexa preciso. Mercaron un ordenador novo con moita memoria. Unha máquina de escribir con memoria.4 Escrito onde se expón algún asunto para informar a alguén. Unha memoria dun proxecto de investigación. SINÓNIMO informe1 substantivo feminino plural5 Relación escrita que unha persoa fai da súa vida, dos feitos nos que participou, da xente que coñeceu etc. Está redactando as súas memorias coa axuda dun escritor. CONFRÓNTESE biografía FRASES E EXPRESIÓNS CON memoria De memoria Servíndose só da memoria. Falo de memoria, non o sei exactamente. Recitou os reis españois de memoria. Non aprendas a lección de memoria. SINÓNIMO de cor Memoria fotográfica Memoria que permite evocar mentalmente palabras, epígrafes etc., dun texto ou a posición dun parágrafo nunha páxina. É incrible, ten unha memoria fotográfica. Memoria de licenciatura Traballo de investigación que unha persoa presenta ao rematar a carreira para obter o título de graduado. Defendeu a súa memoria de licenciatura. Forma menos recomendable: tese de licenciatura Memoria tobo Informática Memoria intermedia na que se almacenan de forma temporal os datos máis recentes ou máis utilizados, de modo que o procesador poida recuperalos con maior rapidez. Borrou todos os datos da memoria tobo para liberar espazo no disco. SINÓNIMO caché1 Memoria USB Informática Dispositivo portátil que utiliza un tipo de memoria que se pode reescribir e que mantén o contido sen necesidade de alimentación eléctrica, que permite almacenar datos e transferilos por medio da súa inserción nun porto USB. Copiou todos os arquivos nunha memoria USB.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!