menos
Audio 1

menos adverbio1 En menor cantidade, número ou intensidade. OBSERVACIÓNS: Pódese expresar en comparación con algo ou de modo absoluto, sen comparalo con nada Agora corre menos ca antes. Escolleu o menos feo de todos. Veu menos xente da que se esperaba. O que menos desexo agora é irme de aquí. ANTÓNIMO máis1 preposición2 Exceptuando ou excluíndo a persoa ou cousa que se expresa. Menos el, todos están de acordo. SINÓNIMOS a excepción de, aga, agás, bardante, catar1, con excepción de, excepto, fóra, quitado, quitando, sacado, sacando, salvante, salvo, tirante substantivo masculino3 Signo matemático que indica que un elemento se lle resta a outro. O signo menos represéntase cun trazo (-). substantivo plural4 A minoría. Case todos eles teñen traballo; os que están no paro son os menos. FRASES E EXPRESIÓNS CON menos A menos que locución conxuntiva Se non, coa condición de. Non o fago a menos que ti mo pidas. Ao menos locución adverbial Como mínimo, aínda que non sexa máis ca a cousa que se expresa. Ao menos eran cinco. Permitídeme ao menos dicir unhas palabras. SINÓNIMO polo menos De menos Indica falta, en menor número ou cantidade. Cobrounos de menos. Menos mal que Afortunadamente, por sorte. Menos mal que ninguén resultou ferido. SINÓNIMO bo é (foi, ...) que Polo menos locución adverbial Ao menos. Polo menos, deixádeo participar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!