mesmo, mesma
Audio 1
Audio 2

mesmo (feminino: mesma) indefinido1 Indica coincidencia de identidade. Hoxe atopei catro veces o mesmo home en sitios diferentes. Ti e mais eu somos da mesma opinión. ANTÓNIMOS diferente, distinto Todos os días me repite o mesmo. É o mesmo que veñas ca que non.2 Que é exactamente aquilo que se menciona, e non outra cousa distinta. Chegou naquel mesmo momento. Este é o lugar mesmo onde o atopei. SINÓNIMOS exacto, preciso, xusto Tivo que ir el mesmo recoller o certificado. adverbio3 Fai fincapé en que aquilo que se di é exactamente e tal como se di. Foi aquí mesmo onde o vin.4 Expresa, con énfase, inclusión. Todo o mundo se engana algunha vez, mesmo os máis listos. Está contento, mesmo feliz, diría eu. SINÓNIMOS ata2, incluso5 Con xerundio, coas conxuncións que ou se ou coa locución aínda que indica que unha cousa ocorre a pesar doutra. Mesmo aínda que o avisemos agora, non chega a tempo. SINÓNIMO incluso FRASES E EXPRESIÓNS CON mesmo Así mesmo VÉXASE así Dar o mesmo VÉXASE dar Mesmo aínda que locución conxuntiva Introduce unha cláusula na que se expresa unha dificultade que obstaculiza pero non impide o cumprimento do expresado noutra. Mesmo aínda que o avisemos agora, non chega a tempo. SINÓNIMOS aínda con + inf, aínda que, aínda + xer, mesmo que, mesmo se, mesmo + xer Mesmo que locución conxuntiva Mesmo aínda que. Mesmo que traballe todo o ano, non conseguirei rematar a tese. Mesmo se locución conxuntiva Mesmo aínda que. Mesmo se chove, iremos á praia ver o mar. Mesmo + xer Mesmo aínda que. Mesmo habendo tanto tempo que nos coñecemos, sempre me sorprendes. Por min (ti, si...) mesmo Cos propios medios, sen a axuda de ninguén. Heino facer por min mesmo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!