meu, miña
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

meu (feminino: miña) posesivo1 Que é de min, que me pertence. Os zapatos meus non lle valen. A miña estatura. Os meus ollos. Como que a túa? É a miña voz, muller! Os meus pensamentos.2 Ao que eu pertenzo. A miña nacionalidade. A quinta miña é a do cincuenta.3 Expresa parentesco ou relacións varias. O meu neto. O patrón meu. O meu Manolo éche moi cariñoso.4 O que eu prefiro. O meu pintor é Rembrandt.5 Do que eu me sirvo, que me interesa. O meu tren sae ás oito. O meu banco.6 Onde eu traballo. Na miña empresa somos dez empregados.7 Dedicado ou reservado a min. Este baile é meu.8 Que me é habitual. A miña infusión a media tarde.9 Dirixíndose a alguén, expresa afecto, acatamento etc. Como estás, miña nena? Meu Deus. Ás súas ordes, meu coronel. FRASES E EXPRESIÓNS CON meu As miñas Os traballos, problemas e penalidades que me cangan. Eu non deixei de pasar as miñas. De meu 1 Da miña propiedade exclusiva e efectiva. Xa teño casa de meu. 2 Por min mesmo ou mesma, pola miña propia natureza. Eu son así de meu, non lle podo facer nada. O meu 1 O que é propio ou natural en min, o que se me dá ben. Agora estou baixo de forma, pero penso volver ao meu. Está claro que o meu non é a música. 2 O que me corresponde, a miña parte. Queda por repartir o meu. 3 De abondo ou moito. Falaba coma un laverco, pero eu tamén falei o meu. Os meus A miña familia e achegados a xente do meu partido do meu equipo. Vou visitar os meus. Hoxe gañaron os meus.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!