moa
Audio 1

moa1 substantivo feminino1 Cada un dos dentes non afiados da parte posterior da boca cos que se tritura a comida. O dentista sacoume unha moa. SINÓNIMO molar22 Peza de pedra do muíño que xira sobre outra fixa, chamada pé, para triturar o gran ou as olivas. Os grans caen polo ollo da moa. SINÓNIMOS capa1, pedra3 Pedra en forma de roda, colocada sobre un soporte, que se utiliza para afiar coitelos, fouciños etc., facéndoa xirar. Os afiadores de agora utilizan moas mecánicas. CONFRÓNTESE esperón4 Cada unha das pedras grandes e de forma regular, aínda que diversa segundo as zonas, que van sobre os pés do hórreo. As moas dos hórreos impiden que suban os ratos. SINÓNIMOS capa1, rateira, tornarratos5 Ferramenta empregada para afiar, labrar, puír ou cortar metais e materias duras, feita de pedra natural ou de materiais abrasivos aglomerados. A moa da rebarbadora ten forma de disco. FRASES E EXPRESIÓNS CON moa Moa do siso Moa do xuízo. Aínda non lle saíron as moas do siso. Moa do xuízo Cada unha das catro que saen, polo xeral en idade adulta, en cada extremo da dentadura. Tivéronlle que empastar unha das moas do xuízo. SINÓNIMO moa do siso Regañar a moa Rirse facendo burla de alguén ou algo. Eu faláballe en serio e el non facía máis ca regañar a moa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!