moda
Audio 1

moda substantivo feminino1 Uso ou estilo que manifesta a aceptación dunha determinada maneira de vivir, expresarse, vestir etc., por parte dun grupo máis ou menos numeroso, nun determinado momento ou época. A moda romántica. Agora a moda é ser afeccionado ao fútbol. CONFRÓNTESE corrente, onda12 Estilo particular de vestimenta, peiteado, calzado etc., popular en determinado momento. A moda da minisaia lanzouse nos sesenta.3 O que concirne á vestimenta e aos seus complementos, así como á súa arte, técnica, comercio e industria. Revista, deseñador de moda. Moda masculina e feminina.4 Matemáticas Valor que se repite con maior frecuencia dentro dun conxunto de datos estatísticos. A moda é un dato moi utilizado cando non resulta doado realizar outros cálculos. Pode haber máis de unha moda en caso de que dous ou máis valores da variable presenten a mesma frecuencia. FRASES E EXPRESIÓNS CON moda Á moda locución adverbial Conforme ao gusto actual. Vai sempre á moda. Á moda de Segundo o uso ou o costume de. Unha comida á moda do seu país. De moda De actualidade, que se leva. Está de moda. Pasar de moda Deixar de estar de moda. As enaguas pasaron de moda.Voz actualizada 2018-02-23 14:34:45 Engadiuse a acepción 4

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!