modelo
Audio 1

modelo substantivo masculino1 Persoa ou cousa que serve ou debe servir de obxecto de imitación. Modelo de instancia. O seu modelo sempre foi seu avó. CONFRÓNTESE canon, exemplo, prototipo2 O que é excepcional na calidade que se expresa. Un modelo de discreción.3 Persoa ou obxecto que copia un pintor ou escultor nun debuxo, pintura, talla etc., ou que un fotógrafo reproduce coa súa cámara. Elixiu como modelo un cesto con laranxas.4 Tipo particular dalgunha cousa que pode ser fabricado en serie. O último modelo. O modelo máis económico da gama.5 Representación gráfica da feitura de algo. A costureira sacaba os modelos da roupa que vía exposta nos mellores escaparates. SINÓNIMOS deseño, padrón6 Vestido ou traxe orixinal de alta costura. Pase de modelos.7 por extensión Calquera vestido ou peza do vestiario. Ten máis modelos ca unha actriz de cine.8 Reprodución física dun obxecto que amosa como é ou como funciona e que, normalmente, é máis pequena ca o obxecto representado. Modelos a escala de veleiros antigos.9 Sistema en uso que pode ser copiado para obter resultados semellantes. O modelo español de descentralización política. O modelo soviético de socialismo de estado.10 Descrición teórica de como funciona ou podería funcionar un sistema ou proceso. Modelo matemático de predición meteorolóxica.11 Empresa ou instalación que foi posta en funcionamento como exemplo de eficiencia. OBSERVACIÓNS: Para esta acepción, o seu uso é invariable Construíron un hospital modelo. Existen centros de formación profesional agrícola, como as escolas prácticas de agricultura e as granxas modelo.12 Matemáticas Conxunto de ecuacións e fórmulas con que se tenta describir como funciona ou podería funcionar un sistema ou proceso complexo. Nun modelo, as ecuacións matemáticas representan as relacións entre os elementos do sistema. substantivo13 Persoa que ten como profesión posar habitualmente para pintores, escultores, fotógrafos etc. En Belas Artes temos tres modelos. Gala, a modelo de Dalí.14 Persoa que exhibe roupa ou complementos de alta costura. Estudaba danza e preparábase para ser modelo. Unha modelo moi cotizada. SINÓNIMO manequín

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!