momento
Audio 1
Audio 2

momento substantivo masculino1 Espazo moi pequeno de tempo. Só tardo un momento. Non tiven en toda a mañá un momento de descanso. SINÓNIMOS instante, intre, retrinco2 Tempo preciso no que unha cousa ten lugar. No momento no que me chamaches, estaba vendo a televisión. SINÓNIMO intre3 Tempo no que algo ten lugar tomado desde o punto de vista das circunstancias que se producen. Aproveita o momento oportuno para fuxir. Está pasando un mal momento.4 Física Cantidade de movemento. O exercicio consistía en calcular o momento dun corpo nun instante determinado, coñecendo a súa masa e a súa velocidade. FRASES E EXPRESIÓNS CON momento A cada momento Continuamente, unha e outra vez. Estaba mirando o reloxo a cada momento. SINÓNIMO a cada instante Ao momento Deseguida, sen tardar, no intre. Hai que tomalo ao momento, para que non perda as propiedades. SINÓNIMO inmediatamente De momento Polo que se refire ao momento actual ou que se toma como punto de referencia. De momento, aínda quedan entradas para esta sesión. SINÓNIMOS momentaneamente, polo de pronto, polo momento, por de pronto En todo momento En calquera tempo ou ocasión. En todo momento defendeu unha política de neutralidade e transixencia. Nun momento Axiña, decontado. Fágocho nun momento. SINÓNIMO nun instante Polo momento De momento. Polo momento non me poña máis que teño de sobra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí