montar
Conxugar
Audio 1

montar /verbos/montar.html verbo transitivo1 Colocar [unha persoa ou cousa] sobre outra. Montaba un pouco cada tella coa anterior. Montou o neno na bicicleta.2 Ir sentado sobre [un animal]. Montaba un cabalo negro.3 Poñerse un animal macho sobre [a femia] para fecundala. Montar o boi a vaca. SINÓNIMOS asistir, cubrir4 Colocar as pezas que forman [un obxecto] no lugar que lles corresponde neste, de xeito que funcione ou se poida utilizar. Imos montar o telescopio na azotea. Montar a tenda de campaña. SINÓNIMO armar ANTÓNIMOS desarmar, desmontar15 Organizar [un negocio, un espectáculo etc.]. Montou o negocio cos seus fillos. Montaron unha exposición interesante.6 Realizar a montaxe de [unha obra de cine, radio etc.]. Montar unha película.7 Facer que teña lugar [unha liorta, discusión etc.]. Montou ese escándalo só por chamar a atención. CONFRÓNTESE armar8 Marítimo Pasar ao outro lado de [un cabo]. Montamos o cabo Prior. SINÓNIMO dobrar verbo intransitivo9 Sentarse sobre un cabalo ou outro animal. Montou a cabalo e marchou. ANTÓNIMOS apear1, descabalgar, desmontar110 Sentarse nun vehículo que se vai utilizar como medio de transporte. Vino montar nun coche. SINÓNIMO subir ANTÓNIMOS apear1, baixar, desmontar111 por extensión [Cousa] estar ou pórse sobre unha parte doutra. A roda montaba un pouco na beirarrúa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!