monte
Audio 1

monte substantivo masculino1 Elevación importante do terreo. OBSERVACIÓNS: Diante de nome propio sempre se emprega monte e non montaña O monte Xiabre. Os Pireneos son os montes que separan Francia da Península Ibérica. CONFRÓNTESE montaña2 Terreo cuberto de vexetación espontánea como toxos, fentos, silvas, arbustos etc., que pode estar poboado de árbores. Un monte de piñeiros. Ten máis de cen ferrados de monte. CONFRÓNTESE bosque Romper o monte. Cavar o monte para botarlle centeo.3 Conxunto de cousas postas unhas enriba das outras, ou cantidade de algo colocada toda xunta en forma de montaña. Un monte de libros. Un monte de esterco. SINÓNIMOS montaña, montón, morea1, rima2, CONFRÓNTESE montículo FRASES E EXPRESIÓNS CON monte A monte locución adverbial 1 Sen cultivar. Hoxe está todo a monte. SINÓNIMO a bravo, CONFRÓNTESE a campo 2 figurado Que demostra falta de educación ou coidado. Teñen a casa a monte. Eses nenos parece que os criaron a monte. Monte abertal Monte comunal. Os montes abertais desta comarca están plantados de piñeiros. SINÓNIMOS aberta, barazal Monte baixo Monte con vexetación de arbustos e plantas herbáceas. O incendio afectou unha zona de monte baixo. Monte comunal O que pertence á comunidade de veciños dunha parroquia ou lugar. Levan o gando ao monte comunal. SINÓNIMO monte veciñal Montes e moreas Expresión que indica gran cantidade, empregada polo xeral en sentido irónico. Promete montes e moreas pero nunca dá nada. Monte veciñal Monte comunal. O monte veciñal é unha institución histórica. Pita do monte VÉXASE pita1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!