mosca
Audio 1

mosca substantivo feminino1 Insecto da orde dos dípteros, moi común, e do que existen diversas especies, de ás transparentes, cuberto de peliños, xeralmente de cor negra e provisto dunha trompa coa que chupa as substancias orgánicas das que se alimenta. A mosca é un portador de xermes.2 Calquera insecto con estas características. As moscas son moi abundantes no verán, sobre todo onde hai animais. FRASES E EXPRESIÓNS CON mosca Andar coa mosca detrás da orella Sentir alarmas ou sospeitas imprecisas. Cheguei dous días tarde e miña nai xa anda coa mosca detrás da orella. Caer coma moscas Morrer en gran cantidade. No campo de batalla caían coma moscas. SINÓNIMO morrer coma moscas Morrer coma moscas Caer coma moscas. A epidemia provocou que nenos e maiores morresen coma moscas. Mosca careixeira Mosca da carne. Envolveron os xamóns con panos para protexelos da mosca careixeira. Mosca da carne Mosca de cor gris ou azul que deposita os seus ovos na carne ou noutras materias orgánicas en descomposición, das que se alimentan as larvas. As seses da mosca da carne. SINÓNIMOS mosca careixeira, moscardo, moscón Mosca das bestas (Hippobosca equina) Insecto díptero da familia dos hipobóscidos, de corpo aplanado, pel dura e cor acastañada, que ataca especialmente o gando equino e vacún. A mosca das bestas póusase normalmente nas zonas en que a pel do animal é máis branda. SINÓNIMO mosca ladra Mosca ladra Mosca das bestas. As moscas ladras teñen a pel moi dura. Mosca morta Persoa que baixo unha aparencia de bondade agacha malas intencións ou simula ser máis apoucada do que realmente é. Vai con coidado con esa mosca morta. Non ser capaz de matar unha mosca Ser moi boa persoa ou unha persoa inofensiva. Parece un rapaz inocente, que non é capaz de matar unha mosca. Papar moscas Estar pasmando. Levo toda a tarde a papar moscas. Peso mosca VÉXASE peso Picar a mosca (a alguén) Irritarse ou facer de repente algo que non se esperaba. Non sei que mosca lle picou que saíu correndo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!