mostra
Audio 1

mostra substantivo feminino1 Porción dun todo ou dun conxunto, que presenta as características dese todo ou dese conxunto do que forma parte. Quere vender unha enciclopedia e trae o primeiro tomo de mostra. Recollemos mostras de minerais no monte do Pindo.2 Aquilo que dá coñecemento ou que indica algo. O non invitalo á festa foi unha mostra de desprezo. Recibíronme con mostras de alegría. SINÓNIMO demostración CONFRÓNTESE proba, sinal, síntoma Non hai mostras de melloría. SINÓNIMOS asomo, indicio, sinal, síntoma3 Acción de mostrar, de ensinar algo. Fixo unha mostra de como funcionaba o coche. SINÓNIMO demostración4 Presentación pública de diversos obxectos que constitúen un conxunto. Mostra de libros antigos. SINÓNIMO exposición FRASES E EXPRESIÓNS CON mostra Feira de mostras VÉXASE feira

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!