negro, negra
Audio 1
Audio 2

negro (feminino: negra) adxectivo1 Que é de cor completamente escura, coma a do acibeche. Un gato negro. Roupa negra.2 Que se caracteriza pola cor escura da pel. Poboación negra. Raza negra. Tamén substantivo Os negros de África.3 Que ten ou presenta unha cor escura, case negra. Ollos negros. Pelo negro. Foi dous días á praia e xa está negro. CONFRÓNTESE mouro4 Que ten sucidade. Lávalle as mans ao neno, que as ten negras. SINÓNIMO sucio5 Que está dominado pola dor, pola adversidade etc. Hoxe foi un día negro para a familia.6 [Cine, novela] que teñen como temática ou reflicten o mundo do crime, de gánsteres e policías. Esta semana houbo un ciclo de cine negro.7 [Diñeiro, cartos] que é clandestino ou ilegal. Utilizaba a empresa para branquear os cartos negros. substantivo masculino8 A cor negra. O branco e o negro. Viste sempre de negro. substantivo9 Persoa que fai traballos para outra, que os asina coma se fosen propios. Ten uns negros que traballan no seu estudio. substantivo feminino10 Música Nota de valor equivalente á metade dunha branca. Representou no pentagrama unha negra. FRASES E EXPRESIÓNS CON negro Diñeiro negro VÉXASE diñeiro En negro Fóra da legalidade fiscal. Dando mostras da súa falta de civismo, aconselloulles que buscasen un traballo en negro. O obxectivo do proceso era esclarecer se houbera sobresoldos ou pagamentos en negro. Estar negro 1 Estar ou considerar algo difícil, ter ou verlle poucas posibilidades de solución. A situación económica da empresa está negra. 2 Estar preocupado ou desesperado. Estou negro, non dou atopado quen me amañe ese aparello. Fame negra VÉXASE fame Humor negro VÉXASE humor Lista negra VÉXASE lista Negro do olloPupila Case non se lle distingue o negro do ollo de tan escuros que os ten. Pasalas negras Estar nunha situación difícil e comprometida. Pasounas negras para sacar a súa vida adiante. Poñer negro Irritar ou desesperar a alguén. Ponme negra ter que esperar por el todos os días. Ter ou tocarlle a un a negra Ter mala sorte. Tocoulle a negra ao pobre: rompeu un brazo e despois unha perna. Traballar coma un negro Traballar moito e moi duramente, como se facía traballar aos escravos negros. Traballou coma un negro toda a vida para criar os fillos. Ver negro Ver poucas posibilidades de solucionar algo. Algúns críticos ven negro o futuro do teatro. Verse negro Ter moita dificultade para levar a cabo algo. Viuse negro para chegar a tempo á reunión.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí