nome
Audio 1

nome substantivo masculino1 Palabra que serve para designar as cousas ou seres da mesma especie. Non me vén á cabeza o nome dese obxecto. SINÓNIMO nome común2 Termo que serve para designar de maneira individual un ser ou unha cousa dentro da súa especie. Creo que o seu nome era Antón. SINÓNIMO nome propio3 Gramática Clase de palabras que comprende o substantivo e o adxectivo. As palabras ‘pebida’ e ‘bébedo’ son nomes.4Renome O ter nome comporta privilexios pero tamén responsabilidades. FRASES E EXPRESIÓNS CON nome En nome de locución preposicional En representación ou de parte de, en atención a. En nome da liberdade pódense cometer inxustizas. Nome común Nome (acepción 1). ‘Casa’ e ‘mesa’ son nomes comúns. Nome de bautismo Nome que recibe alguén ao ser bautizado. É coñecido polo seu apelido e ninguén sabe o seu nome de bautismo. SINÓNIMO nome de pía Nome de pía 1 Nome que se lle dá a un neno cando é bautizado. O meu nome de pía é Carme. SINÓNIMO nome de bautismo 2 por extensión Nome que figura no rexistro civil. Chámanlle Pepe pero o seu nome de pía é Xosé. No nome de locución preposicional De parte de, por encargo de. Douche isto no nome de meu irmán. Nome propio Nome (acepción 2). Xurxo, Galicia ou Ribadavia son nomes propios. Non ter nome Indignar tanto que non se quere ou non se pode cualificar. Iso que fixeches non ten nome, nunca te crin capaz dunha cousa así.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!