novo, nova
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

novo (feminino: nova) adxectivo1 Que acaba de ser feito ou mercado. Xa viven na casa nova.2 Que ten pouco tempo de uso ou que está pouco deteriorado. Uns zapatos novos. Hai moito que teño a bicicleta pero aínda está nova. ANTÓNIMOS usado, vello3 Que acaba de chegar a un lugar ou situación ou de incorporarse a unha actividade. Elvira é nova na escola. Os novos ricos. O novo ministro prometeu o seu cargo.4 Que se percibe ou se aprende por primeira vez. Todo isto é novo para min. Está escoitando un programa novo de radio. O alemán é unha lingua nova para el.5 Que ten pouco tempo de vida ou pouca idade. Casou moi novo. A pita nova aínda non pon. ANTÓNIMO vello, Forma menos recomendable: xove6 Que ten menos idade ca outro co que se pon en relación. O meu fillo é máis novo ca o teu. O fillo máis novo ten corenta anos. ANTÓNIMOS grande, vello, Forma menos recomendable: xove7 Da última ou das últimas colleitas en oposición a outras anteriores. Patacas novas. Viño novo.8 Que aparece despois doutro ao cal substitúe temporal ou definitivamente. O novo réxime. O novo mundo. substantivo masculino plural9 A xente nova. Os novos veñen detrás empuxando. SINÓNIMOS mocidade, xuventude, Forma menos recomendable: xove substantivo feminino10 Noticia, novidade. Hai novas dos nosos? FRASES E EXPRESIÓNS CON novo De novo locución adverbial Outra vez. Aquí estou de novo. Novo do trinque Que aínda hai pouco que se estreou. Ten unha moto nova do trinque. SINÓNIMO do trinque

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!