oído, oída
Audio 1

oído Para todas as acepcións SINÓNIMO ouvido (feminino: oída) participio1 Participio do verbo oír. substantivo masculino2 Sentido polo que percibimos os sons. Sons imperceptibles para o oído humano. Estou perdendo oído.3 Órgano dese sentido, situado, nos vertebrados, a ambos os dous lados da cabeza. OBSERVACIÓNS: Na linguaxe coloquial, distínguese a orella, como parte externa, do resto do aparato auditivo, denominado oído Unha operación de oído. Dóenme os oídos polo frío.4 Capacidade para recoñecer e reproducir a música. Ten un bo oído, valía para músico. FRASES E EXPRESIÓNS CON oído Andar cos oídos abertos Andar cos ollos abertos. Andaba cos oídos abertos por medo a que a traizoasen. Chegar (algo) aos oídos de (alguén) VÉXASE chegar De oídas locución adverbial Por terllo oído a outros. Eu non o vivín, seino de oídas. SINÓNIMOS de ouvidos, por oídas Duro de oído VÉXASE duro Oído externo Parte externa do aparato auditivo. O pavillón auditivo forma parte do oído externo. Oído interno Parte interna do aparato auditivo. Padece un trastorno do oído interno. Oído medio Parte media do aparato auditivo. Ten frecuentes infeccións no oído medio. Por oídas locución adverbial De oídas. Sóubeno por oídas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!