ocupar
Conxugar
Audio 1

ocupar /verbos/ocupar.html verbo transitivo1 Encher total ou parcialmente [unha cousa que dispón de espazo libre]. Podes ocupar todos os andeis. Os deputados foron ocupando os seus escanos. ANTÓNIMO desocupar2 Establecerse en [un lugar], en particular cando é pola forza e de maneira temporal. Os veciños ocuparon o concello durante horas. Os nazis ocuparon Francia durante a segunda guerra mundial. ANTÓNIMO desocupar CONFRÓNTESE tomar3 Ter [un determinado lugar] como vivenda. A familia ocupaba daquela o terceiro piso. ANTÓNIMO desocupar CONFRÓNTESE habitar4 Desempeñar ou exercer [unha función, cargo etc.]. Ocupa a carteira de Facenda. Ocupou durante anos a secretaría.5 Precisar unha cousa de [o tempo, a atención etc., de alguén]. É un labor que ocupa moito tempo.6 Dedicar [certo tempo] a unha cousa. Ocupou toda a mañá en limpar e engraxar a maquinaria. Tes que ocupar o teu ocio en algo que che guste. SINÓNIMO investir7 Dar traballo ou distracción a [alguén]. A fábrica ocupa máis de catrocentos traballadores. SINÓNIMO empregar verbo pronominal8 Pórse ao cargo de certa cousa. Ti tes que ocuparte do coidado do material. SINÓNIMO encargarse, CONFRÓNTESE preocuparse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!