olimpíada
Audio 1

olimpíada substantivo feminino1 Historia Conxunto de probas deportivas que, na antiga Grecia, se realizaban cada catro anos na cidade de Olimpia en honor a Zeus. Durante a celebración das olimpíadas decretábase unha tregua olímpica e as cidades non podían participar en ningunha actividade bélica.2 Historia Período de catro anos comprendido entre dúas celebracións consecutivas de xogos olímpicos, que se empregaba como referencia cronolóxica na antiga Grecia. A olimpíada como medida de tempo empregouse desde a Grecia antiga ata a Idade Media.3 Competición deportiva internacional, comprendida por varias modalidades, que se celebra cada catro anos nunha cidade distinta e na que participan numerosos deportistas en representación do seu país. En 1972 celebrouse a olimpíada de Múnic. As olimpíadas de Montreal. SINÓNIMO xogos olímpicos4 por extensión Competición dunha determinada área de coñecemento ou disciplina. Ganou as olimpíadas nacionais de matemáticas. OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente en pluralVoz actualizada 2019-07-29 09:11:20 Engadíronse as acepcións 1, 2 e 4

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí