ollo
Audio 1
Audio 2

ollo substantivo masculino1 Órgano do sentido da vista. Enfermidades do ollo.2 Parte exterior do globo ocular, e en particular o iris. Ten os ollos azuis.3 Burato ou cavidade de certas cousas por onde se introduce ou pasa algo. O ollo dunha agulla. SINÓNIMO alfiestra O ollo da fechadura. Os ollos da ponte. O ollo da moa.4 Cada unha das xemas da pataca aínda sen xermolar. As patacas da semente teñen moitos ollos.5 Pequeno burato ou oco que se forma nunha masa. Gústalle que o queixo teña moitos ollos.6 Parte interior e máis apertada dalgunhas verduras. Apañou unhas verzas do ollo para facer o caldo. Un ollo de repolo.7 Aptitude que alguén ten para apreciar rapidamente e con facilidade as circunstancias de algo. Ter ollo clínico. FRASES E EXPRESIÓNS CON ollo A ollo Aproximadamente, a vulto. Así, a ollo, ha ter uns trinta anos. Abrir os ollos Estar atento e vixiante. Abre ben os ollos durante a túa garda. Abrir os ollos (a alguén) Desenganar a alguén dalgunha cousa. A avoa abriulle os ollos con respecto a aquel mozo. Andar cos ollos abertos Andar con coidado, con atención, estar prevido. Anda cos ollos abertos, que non son xente na que se poida confiar. SINÓNIMO andar cos oídos abertos Botar o ollo a (algunha cousa) Amosar ou manifestar desexos de algo. Botoulle o ollo á miña chaqueta e levouna. Branco do ollo VÉXASE branco Caer os ollosDevecer Caíanlle os ollos mirando para a nosa comida. Capela do ollo VÉXASE capela Cerrar os ollosMorrer E cerrou os ollos en paz despois dunha vida de entrega. Comer cos ollos 1 Comer [algo] pola súa presenza. Presenta os pratos dunha maneira que os comes cos ollos. 2 Amosar a mirada unha gran paixón cara a [alguén]. Non apartaba a mirada da moza, víase que a comía cos ollos. 3 Ollar con insistencia, con desexo, con interese etc. [algo]. Desde que lle ensinaron as xoias, comíaas cos ollos. Cos ollos pechados, (fechados, cerrados) 1 Dunha maneira automática. Podo facer o traballo cos ollos pechados. 2 Sen reflexionar. Nesas condicións aceptouno cos ollos pechados. Cunca dos ollos VÉXASE cunca Encher o ollo Agradar moito. Esa rapaza énchelle o ollo ao teu fillo. Mal de ollo Maleficio causado por unha mirada. Din que enfermou porque lle botaron un mal de ollo. SINÓNIMO aire Meter polos ollos VÉXASE meter Mirar, ver, con (bos, malos, outros) ollos Mirar con agrado ou desagrado, da mesma maneira ou de distinta maneira [a alguén]. Non sei que lle pasa comigo que me mira con malos ollos. Negro do ollo VÉXASE negro Non cerrar ollo Non poder durmir en toda a noite. Con tanta calor non puiden cerrar ollo. SINÓNIMO non pegar ollo Non pegar ollo Non cerrar ollo. Ao estar preocupado é normal que non pegase ollo. Nun abrir e cerrar de ollosRapidamente Foi e veu nun abrir e cerrar de ollos. Ollo de boi Ventá redonda, especialmente a dos barcos. A cada intre espertaba e miraba polo ollo de boi do camarote. Ollo de boi mariño Opérculo dalgúns caracois mariños, máis ou menos circular, branco por un lado e vermello polo outro, utilizado en botóns e xoias. Dicía que o ollo de boi mariño protexía contra o mal de ollo. SINÓNIMO ollo de boi vidal Ollo de boi vidal Ollo de boi mariño. Levaba o ollo de boi vidal con botón de prata. Ollo do cu VÉXASE cu1 Ollos de grila Ollos saíntes. No seu rostro destacaban os seus ollos de grila. Regalar os ollos VÉXASE regalar Santo do olloPupila Tiña danado o santo do ollo. Ter bo ollo Ter bo tino para as cousas. Ten moi bo ollo para o peixe. Ter de ollo (a alguén) 1 Vixiar a alguén de cerca para controlar os seus movementos. Téñame de ollo ás cativas, que vou á tenda. 2 Estar pendente dunha persoa para ver se fai algo mal e atacala, sentir antipatía por unha persoa. Desde que tivemos aquel problema tennos de ollo. Ter mal ollo Ter mal tino para as cousas. Ten mal ollo para escoller os axudantes. Ver polos ollos (de alguén) Deixarse guiar por unha persoa, sen facer caso aos demais. Non lle digas nada, que non ve máis ca polos ollos do fillo.Voz actualizada 2018-03-06 12:30:13 Incluíuse a expresión "cerrar os ollos"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!