palabra
Audio 1

palabra substantivo feminino1 Son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma. A palabra fútbol é un neoloxismo. SINÓNIMOS vocábulo, voz CONFRÓNTESE termo22 Representación gráfica dese conxunto de sons. Unha frase de tres palabras.3 Facultade de falar. O home ten o don da palabra. Perder a palabra. SINÓNIMO fala4 Modo de falar. Ten facilidade de palabra. Un locutor de palabra fluída.5 Mensaxe divina que se contén nas Escrituras. Palabra de Deus.6 Promesa feita sobre a honra de que o que se di é certo. Douche a miña palabra de que foi así. El non foi, palabra.7 Dereito a falar nunha reunión, vez para falar. Pedir a palabra. Dar a palabra.8 Exercicio da facultade de falar. Corteille a palabra. substantivo feminino plural9 Ditos que non se corresponden con ningunha realidade. Todo se quedou en palabras. Non son máis ca palabras, non lle fagas caso.10 Aquilo que se di. Debes pronunciar unhas palabras. Citas literalmente as palabras do autor.11 Maneira adecuada de expresar algo. Non encontraba palabras para consolalo. FRASES E EXPRESIÓNS CON palabra Con boas palabras De boa maneira. Tesllo que dicir con boas palabras. Con medias palabras Maneira de dicir algo incompleta ou confusamente por algunha razón. Non fales con medias palabras e aclara o asunto. Dar palabra Facer unha promesa. Deume palabra de axudarnos. Deixar coa palabra na boca (a alguén) Marchar cando a outra persoa está falando. Sempre me deixa coa palabra na boca. De palabra locución adverbial Por medio da expresión oral. Relatóunolo de palabra. locución adxectiva Que cumpre as súas promesas. É unha muller de palabra. Dirixirlle a palabra (a alguén)Falarlle Hai tempo que non me dirixe a palabra. En poucas palabras Moi brevemente. Explicoullo en poucas palabras. SINÓNIMO nunha palabra Faltar á palabra Non cumprir unha promesa. Faltou á palabra e agora arrepíntese. Medir as palabras Falar con prudencia. Ten coidado co que dis, mide as palabras. Non dar palabra Non falar, non dicir nada. Estivo aquí toda a tarde e non deu palabra. SINÓNIMOS non dar unha fala, non dicir palabra Non dicir palabra Non dar palabra. Non dixo palabra desde que chegou. Nunha palabra En poucas palabras. Nunha palabra, non vou. Palabra composta A formada pola unión de dúas ou máis palabras. ‘Ruxerruxe’ é unha palabra composta. Palabra de honor Expresión que se utiliza para asegurar que algo que se di é verdade poñendo o honor na palabra que se dá. Douche a miña palabra de honor. Palabras maiores Cousas de grande importancia. Iso que dis son palabras maiores. Quitarlle (a alguén) a palabra da boca Dicir algo no momento en que outro estaba a piques de dicilo. Íao dicir eu, quitáchesme a palabra da boca. Ser de poucas palabras Ser pouco falador. Non dixo nada, disque é de poucas palabras. SINÓNIMO ser de poucas falas Ter o don da palabra Falar ben. Ese rapaz ten o don da palabra. Tomar a palabra Comezar a falar. Tomou a palabra o director da institución. Última palabra Decisión final. A última palabra é do director.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!