palla
Audio 1

palla substantivo feminino1 Cana seca dos cereais unha vez separada do gran, que é usada na industria e serve de alimento aos animais domésticos. Déixame a porta trancada cunha palla de centeo. Leva un sombreiro de palla.2 Conxunto desas canas. Os xatos deitáronse na palla.3 Cana oca de cereal ou de plástico para sorber líquidos. Servíronlle o combinado con dúas pallas.4 figurado O que é inútil ou de pouca importancia nunha materia. O teu exame era todo palla.5 vulgarMasturbación Facer unha palla. FRASES E EXPRESIÓNS CON palla Andarlle (a alguén) coa palla da albarda Dar golpes a [alguén]. Ten tino, que aínda che van andar coa palla da albarda. Boi de palla VÉXASE boi Home/muller de palla Persoa que permite que se empregue o seu nome nun acto en que o principal interesado non pode ou non quere figurar como titular. Din que o detido non é máis ca un home de palla dun coñecido empresario. SINÓNIMO persoa interposta Moita palla e pouco gran Todo é aparencia. Promete moito pero, ao final, moita palla e pouco gran. Non mover unha palla Non dar golpe. Aí o tes, non move unha palla. Palla centea Palla do centeo. Facían a cama enriba de palla centea. Palla colma Palla de centeo que se emprega para cubrir determinadas construcións. Unha choza co teito de palla colma. Palla milla Parte inferior da cana do millo. A palla milla serve de forraxe. Palla miúda Palla solta que se mete no centro do palleiro. Levaba no galleto unha gavela de palla miúda. Palla restreba Restos de palla que quedan despois da recolección e a malla. Foron apañar unha pouca palla restreba para estrar o cortello. Palla triga Palla do trigo. Botaron a palla triga para o fondo do palleiro. Seco coma as pallas Moi seco. Hai tanto que non chove, que o monte está seco coma as pallas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!