palma
Audio 1

palma substantivo feminino1 Planta arbórea da clase das monocotiledóneas, propia de rexións cálidas, de tronco espido e rugoso e grandes follas en forma de abano, da que existen moitas especies. Naquela cidade había moitas palmas. SINÓNIMO palmeira2 Folla da palmeira. O Domingo de Ramos lévanse palmas á igrexa.3 Motivo ornamental en forma de folla de palmeira. A palma simboliza o martirio e a vitoria.4 Parte interior da man, desde o pulso ata os dedos. Hai xogos nos que se lanza a pelota coa palma da man.5 Parte inferior do casco das cabalarías. A ferradura fíxase na palma. substantivo feminino plural6 Acción de bater repetidamente unha man contra a outra, especialmente para marcar o ritmo, aplaudir etc. Os artistas de flamenco acompañan o baile con palmas. FRASES E EXPRESIÓNS CON palma Coma a palma da man 1 Moi ben, con todo detalle. Coñece esta terra coma a palma da man. 2 Moi liso. Esta leira é chá coma a palma da man. Ganar a palma Acadar a vitoria. Ganou a palma o seu equipo. SINÓNIMO levar a palma Levar a palma Ganar a palma. Facían apostas para ver quen ía levar a palma. Ter na palma da man Manexar moi ben algo ou a alguén. Fai del o que quere, teno na palma da man. Traer na palma da man Tratar moi ben. Coida moi ben a seus pais, tráeos na palma da man.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!