pano
Audio 1

pano substantivo masculino1 Calquera tecido de la, liño, seda ou algodón. Hei mercar pano para facer un traxe. SINÓNIMO tea12 Anaco deste tecido que se emprega para limpar. Trae un pano para limpar a mesa. SINÓNIMOS mulido, rodela, rolla, trapo3 Peza de tecido, xeralmente elaborada á man, que se utiliza como adorno para cubrir mesas ou outros mobles. Un pano branco bordado cubría o altar. SINÓNIMO tapete4 O ancho dunha tea. Para facer un pantalón necesitas tea de dous panos.5 Cortina que nun teatro separa o escenario dos espectadores. Subiu o pano e comezou a función.6 Velame estendido. Navegar con pouco pano.7 Cada peza de rede que forma o aparello. As redeiras ataron a tralla aos panos.8 Mancha escura na cara que adoita saírlles ás mulleres embarazadas. Nos últimos meses do embarazo saíulle pano na cara.9 Tecido que cobre a parte superior da córnea e impide a visión total ou parcialmente. Os albeites din que o mellor que hai para tratar o pano é o mel. CONFRÓNTESE catarata10 Mancha ou sucidade que diminúe a transparencia ou o brillo do vidro, dun espello etc. Hai moito que non limpa os obxectos de prata porque ben se lles ve o pano.11 Peza de tecido, con motivos diversos, normalmente elaborados con procedementos artesanais, que serven para adornar paredes. En Pastrana hai unha fermosa colección de panos. SINÓNIMO tapiz CONFRÓNTESE lenzo substantivo masculino plural12 Representación pictórica de tecidos e teas en xeral. É unha mestra plasmando en lenzos a textura dos panos. FRASES E EXPRESIÓNS CON pano A pano locución adverbial Ao mesmo nivel. Houbo que levantar unha parte do piso porque as táboas non quedaran a pano. Moito pano por cortar 1 Materia abundante para tratar verbo dun asunto. Deixamos o tema sen rematar porque sobre iso hai moito pano por cortar. Xa falaremos outro día diso, que queda moito pano por cortar. SINÓNIMOS moito pano que cortar, pano para mangas 2 Moito que facer para rematar un traballo ou un asunto, nomeadamente cando se prevé que vai ser difícil. Para chegar a un acordo entre as dúas partes aínda hai moito pano por cortar. SINÓNIMOS moito pano que cortar, pano para mangas Moito pano que cortar Moito pano por cortar. E, como semella que aquí hai moito pano que cortar, pois aí van algunhas ideas. Pano para mangas Moito pano por cortar. O seu estudo non afonda na cuestión porque aí hai pano para mangas. O traballo ten moitos erros e terá que repetilo, así que hai pano para mangas. A asemblea aínda está co segundo punto da orde do día, así que queda pano para mangas. Pano da cabeza O que usan as mulleres para cubrir a cabeza. A avoa toda a vida levou pano da cabeza. Pano da faldriqueira Pano da man. Levaba as iniciais bordadas no pano da faldriqueira. Pano da man O que serve para limpar o nariz e a suor. Toma o pano da man e asoa os mocos. SINÓNIMO pano da faldriqueira Pano de boca Pano de gran tamaño situado diante da boca do escenario, que separa o escenario dos espectadores e se abre ao comezo dunha función e se pecha nos intermedios e á súa fin. O pano de boca era de estilo grego e abríase cara aos lados. Pano de mesa Peza de tea ou papel que se emprega na mesa para limpar a boca e as mans. Mercou un mantel con doce panos de mesa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí