papel
Audio 1

papel substantivo masculino1 Substancia en forma de lámina delgada feita cunha pasta obtida a partir de fibras vexetais, que ten múltiples usos. Fábrica de papel.2 Folla ou anaco desa materia, escrito ou en branco. O piso da aula quedou estrado de papeis. Acércame un papel que vou tomar nota.3 Lámina moi fina de metal que serve para envolver alimentos ou outros produtos. Papel de prata, de aluminio.4 Documento escrito. Non puiden matricularme porque me faltaba un papel. Ao pasar pola aduana, pedíronnos os papeis.5 Parte dunha obra de teatro, cine, serie de televisión etc., que debe interpretar cada actor. Sabía moi ben o papel.6 Personaxe que o actor representa. Sempre fai primeiros papeis.7 Exercicio dun cargo ou dun labor. Cal sería o seu papel naquelas reunións? SINÓNIMOS función, misión, rol2 FRASES E EXPRESIÓNS CON papel Facer o papel Finxir unha cousa. Deixa de facer o papel, que xa o saben todos. Papel biblia Papel moi fino, que se emprega especialmente para obras moi voluminosas. Publicaron o dicionario en papel biblia. Papel carbón Papel impregnado de tinta por unha das caras, que se emprega para calcar ou sacar copias. Colocou o papel carbón debaixo da factura para quedar cunha copia. Papel cebola Papel moi fino e case transparente que se emprega xeralmente para calcar. Os aparelladores empregan o papel cebola para trazar os planos. Papel charón Papel fino, brillante por unha das súas caras. Para os traballos manuais usan papel charón. Papel de fumar 1 Papel que se emprega para lear o tabaco e facer cigarros. Con picadura e papel de fumar fixo un pito. 2 figurado Cousa excesivamente fina e de pouca consistencia. As paredes desta casa son papel de fumar. Papel de periódico Papel que se emprega para imprimir os xornais e que adoita ser de pouca calidade. Envolve eses plátanos en papel de periódico para que maduren. Papel hixiénico Papel moi fino, que se presenta en tiras longas envoltas, para o seu uso no retrete. Hai que mercar papel hixiénico. Papel moeda Billete que circula como diñeiro en metálico. A convertibilidade do papel moeda en ouro ou prata. Papel pintado Papel liso ou estampado co que se cobren as paredes interiores. Ao cuarto dos nenos puxéronlle papel pintado. Sobre o papel Na teoría, por oposición á práctica. Iso que dis só é aplicable sobre o papel.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!