para
Audio 1
Audio 2

para2 Para todas as acepcións Forma menos recomendable: pra preposición1 Indica fin, utilidade, capacidade. Ese moble é para os libros. Vale para os estudos. Vai para cura. Dálle cartos para o pan.2 Expresa dirección. Marchou para Alemaña.3 Indica tempo, exacto ou aproximado. Déixao para mañá. Vai para dous anos que non o vexo.4 Expresa duración. Teñen patacas para todo o ano.5 Indica que un feito non é adecuado respecto a outro. Para o que traballa, aínda lle pagan de máis.6 Expresa motivo ou causa. Para que comes tanto?7 Xunto con estar e seguida doutro verbo, indica que a acción deste está próxima a cumprirse. O libro está para saír.8 Indica a persoa á que vai dirixida unha acción ou coa que se establece unha relación. O vestido tróuxeno para Maruxa. Fala para si. É bo para os rapaces.9 Expresa aquilo ao que se destina algo. Unha obra para guitarra.10 Expresa relación ou correspondencia. Para medio litro de leite, bota cinco culleradas de azucre.11 Expresa desproporción ou falta de correspondencia. Eses pantalóns son moi grandes para el.12 Expresa unha opinión, unha crenza etc. Para min que ese neno non ten moito sentido. OBSERVACIÓNS: A preposición para pode contraer na fala co artigo determinado (o, a, os, as), dando lugar ás formas pró, prá FRASES E EXPRESIÓNS CON para Para que locución conxuntiva Indica finalidade. Para que medren as plantas tes que regalas.

para
Audio 1

para1 substantivo feminino Cuberta exterior máis ou menos grosa dalgúns froitos, como a pataca, a laranxa, a mazá etc. Vailles quitando a para ás patacas. SINÓNIMOS cacha3, carapa, carapela, casca, codia, monda, paraza, pel, pela1, peladura, peleca, pelica, plana, tona

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!