parar
Conxugar
Audio 1

parar1 /verbos/parar.html verbo transitivo1 Facer que deixe de moverse ou avanzar [algo ou alguén]. Parouno pola rúa e estívolle falando máis dunha hora. Hai que parar o coche como sexa. SINÓNIMO deter2 Interromper o movemento ou o curso de [unha acción]. Os médicos conseguiron parar o curso da enfermidade. SINÓNIMO deter verbo intransitivo3 Deixar de ocorrer, de ter lugar, de facer algo que se expresa ou non. Parou xa a tormenta? Non para de chover. SINÓNIMO cesar Para, ho, para!4 Aloxarse, ir con frecuencia a un lugar. Cando vou a Santiago, sempre paro na mesma pensión. Eu paro moito no bar da esquina porque atenden ben.5(parar en) [Cousa] chegar á súa fin, a un resultado dun xeito determinado. Entón, en que parou aquel asunto? SINÓNIMOS acabar, quedar, terminar6 Permanecer nun lugar sen moverse de alí. As vacas páranlle ceibas no prado. Os nenos non paran na casa.7 Interromper voluntariamente unha actividade como medida de protesta. Os obreiros pararon dúas horas semanais.8 Deixar de moverse, de avanzar. Parou a descansar. SINÓNIMO deterse9 [Acción] non seguir o seu curso. Non parece que as protestas vaian parar. SINÓNIMO deterse Bule, que o tempo non para con ninguén.10 Deixar de funcionar. Parou o reloxo da igrexa. O mecanismo parou de repente.11 [Vehículo público] ter parada nun lugar. Para aquí o autobús que vai á estación? verbo pronominal12 Poñer o maior coidado ou atención en facer unha cousa. Se te paras un pouco, podes facelo mellor. FRASES E EXPRESIÓNS CON parar Ir parar Atoparse, chegar algo a algún lugar ou a mans de alguén. Onde iría parar aquela carteira miña de pel? Non parar 1 Non soportar a cousa ou sensación que se expresa por experimentala con intensidade. Esa casa é moi fría: aí non hai quen pare. Non paro coa dor de moas. Non se para co cheiro. Aquí non se para co frío. 2 Estar moi ocupado. Non para, ten moito traballo. 3 Ser ou estar inquieto. Ese neno non para. Onde vai parar! Expresión para ponderar que algo ou alguén posúe unha calidade en grao extremo, que non ten comparación posible. É o mellor de todos, onde vai parar! Sen parar Continuamente, sen interrupcións. Fala sen parar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!