parecido, parecida
Audio 1
Audio 2

parecido (feminino: parecida) participio1 Participio do verbo parecer. adxectivo2 Que se parece ou ten características comúns con algo ou alguén. Os resultados foron parecidos. SINÓNIMOS análogo, parello, semellante, similar Os dous irmáns son moi parecidos. SINÓNIMO semellante, CONFRÓNTESE cagado, cuspido, xarado Se non é igual é parecido. SINÓNIMOS semellante, similar substantivo masculino3 Calidade de semellante, e aquilo que fai que unha persoa ou cousa sexa semellante a outra. Velaí o parecido das dúas situacións. SINÓNIMOS analoxía, semellanza, similitude Hai certo parecido entre elas. SINÓNIMO semellanza CONFRÓNTESE aire FRASES E EXPRESIÓNS CON parecido Ser ben parecido Ter boa presenza ou boa aparencia física. É un rapaz ben parecido. Ser mal parecido Ter mala presenza ou mala aparencia. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse en construcións negativas Non che é mal parecido o rapaz!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!