particular
Audio 1

particular adxectivo1 Que só pertence a certas cousas ou persoas e non a outras. Cada lugar ten as súas tradicións particulares. SINÓNIMO propio2 [Cousa, persoa] que se distingue das demais cousas ou persoas, que está fóra do común. Unha visión particular do mundo. SINÓNIMOS característico, peculiar, propio Ten un sentido do humor moi particular. SINÓNIMOS característico, especial ANTÓNIMOS común, corrente3 De uso ou propiedade individual, por oposición ao da colectividade ou á do Estado. O ministro está agora no seu despacho particular. SINÓNIMO privado ANTÓNIMO oficial Case nunca utiliza o coche da empresa, normalmente vai no seu coche particular. SINÓNIMOS privado, propio4 Que concirne a un só individuo ou a un grupo de individuos, por contraposición ao xeral ou universal. Os intereses particulares. SINÓNIMO individual ANTÓNIMO colectivo substantivo masculino5 Persoa privada, cidadán en canto tal e sen cargo público. Pídese a colaboración dos particulares para que a cidade estea limpa.6 Asunto ou cuestión específica. Gustaríame expresar a miña opinión sobre este particular. FRASES E EXPRESIÓNS CON particular En particular locución adverbial 1 Á parte, separadamente. Ese punto hai que tratalo en particular. 2 De maneira especial, sobre todo. Gustaríame coñecer Italia, en particular Roma. SINÓNIMO particularmente

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!