partido, partida
Audio 1
Audio 2
Audio 3

partido1 (feminino: partida) participio1 Participio do verbo partir. adxectivo2 Que está dividido en dúas ou máis partes. Un manuscrito partido.3 Heráldica Dividido en dúas partes iguais de arriba a abaixo. Un escudo partido.4 Botánica [Folla] con divisións no limbo que chegan case ata o nervio central. A planta da pataca ten as follas partidas. substantivo feminino5 Acción de saír ou partir dun lugar. Tras a partida dos últimos veciños, o lugar quedou abandonado. SINÓNIMO marcha A partida do tren está prevista para as oito. SINÓNIMO saída ANTÓNIMO chegada6 Documento que dá fe de certos actos, tales como o nacemento, o bautismo, o matrimonio etc., e que se arquiva nos libros das parroquias ou do rexistro civil. Partida de nacemento.7 Copia certificada dese documento. Xunto coa instancia teño que presentar unha partida de defunción do meu pai.8 Cantidade de mercadoría que constitúe unha remesa. Ata mañá non me chega a partida de aceite que pedín. SINÓNIMO lote9 Cada unha das cantidades dunha factura ou presuposto. Ao revisar a factura, decatouse de que había un erro na partida de transporte.10 Conxunto de accións necesarias para gañar ou perder un xogo, ou conxunto de mans de que consta o xogo. Imos xogar unha partida de xadrez. Gañou unha man, pero perdeu a partida.11 Grupo pouco numeroso de persoas xeralmente armadas e suxeitas a algún tipo de organización. Xuntou unha partida duns vinte homes e púxose ás ordes do exército que deu o golpe de Estado. O maquis estaba organizado en partidas. SINÓNIMO banda2 Organizaron unha partida de caza xa que o porco bravo estaba causando moito derramo. FRASES E EXPRESIÓNS CON partido Partido bisagra Partido que lle permite a un grupo ou a outro converterse en maioría. O obxectivo do seu grupo era o de facer de partido bisagra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!