pasado, pasada
Audio 1
Audio 2
Audio 3

pasado (feminino: pasada) participio1 Participio do verbo pasar. adxectivo2 Que xa pasou ou tivo lugar. O tempo pasado. SINÓNIMO pretérito ANTÓNIMO futuro Nas vacacións pasadas fixemos unha viaxe.3 Que xa non está en bo estado para ser consumido. Estes tomates están pasados. SINÓNIMOS falmaguento, manido ANTÓNIMO fresco CONFRÓNTESE podre4 Que está moi frixido ou asado. Este bisté está pouco pasado. substantivo masculino5 Tempo que pasou. Segue pensando que o pasado foi mellor ca o presente.6 Acontecementos que se deron nese tempo. Non lle gusta falar do seu pasado. ANTÓNIMO futuro7 Gramática Tempo verbal que expresa unha acción ou estado situado nun momento anterior ao presente. A forma ‘fixen’ é do pasado do verbo ‘facer’. Tamén adxectivo Tempo pasado. SINÓNIMO pretérito substantivo feminino8 Acción de pasar1 dunha parte a outra. A pasada da ría leva media hora en barco. SINÓNIMO paso19 Movemento dos pés ao andar. Sentíanse as pasadas da sentinela sobre o lousado. SINÓNIMO paso110 Distancia entre os puntos onde se pousan os pés ao andar. Daba pasadas longas para chegar axiña. SINÓNIMO paso111 Marca que queda no chan ao pisar. Ía deixando pasadas na neve. SINÓNIMOS paso1, pegada, pisada, pisadura12 Acción de pasar ou facer pasar sobre un lugar ou superficie. Dá outra pasada a ver se ves algo. Dar unha pasada de xabón á roupa.13 Cada unha das voltas ou fileiras de puntos dunha peza de labor. Cando deas a segunda pasada, tes que cambiar a cor do fío. FRASES E EXPRESIÓNS CON pasado De pasada locución adverbial 1 Aproveitando a circunstancia. Saíu para dirixirse á escola e de pasada colleu un dos xornais do día. 2 Sen deterse o necesario na observación, análise ou realización de algo. Ben se nota que estaba apurado, que o mirou de pasada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!