pasar
Conxugar
Audio 1

pasar1 /verbos/pasar.html verbo transitivo1 Levar [algo ou a alguén] dun lugar a outro próximo. Hai que pasar este moble ao cuarto pequeno. SINÓNIMO trasladar Pasar a barca á outra beira do río.2 Entregar [algo] a alguén. Pásame o periódico cando remates de lelo. Pásame a pelota.3 Facer chegar a alguén [certa cousa] a través doutra persoa. Pasáronlle o recado? SINÓNIMOS comunicar, transmitir4 Ser vítima de [algo penoso ou desagradable]. Pasa moita fame. Pasou moitos traballos.5 Ocupar ou consumir [certo tempo]. Pasou a noite escribindo. Pasa a vida chorando. Paso os veráns na aldea.6 Levar [unha cousa] a través do interior doutra. Pasar uns cables por un tubo.7 Levar [unha cousa] pola superficie doutra de xeito que a vaia tocando. Pasar o cepillo. Pasar a man.8 popularTransmitir Debiches ser ti quen me pasou a gripe. SINÓNIMOS contaxiar, pegar9 Frixir ou asar moito [un alimento]. Non pasaches ben os ovos.10 Deixar atrás as dificultades, resolver os problemas, vencer os obstáculos que comporta [certa cousa]. Non pasou o exame.11 Deixar un obxecto que [algo] penetre a través de si. Esas botas pasan a auga.12 Facer que non se decata un de [unha cousa], para evitar impor unha sanción. Esta vez pásocho, que non se repita. O árbitro pasaba moitas faltas do equipo local. SINÓNIMO perdoar13 Deixar atrás [a alguén que ía diante]. Pasounos subindo a costa. SINÓNIMO adiantar14Tragar Pasa ese bocado dunha vez.15 Introducir [unha mercancía ou un obxecto] nun país sen declaralo. Pasar droga. Cando vin de Canarias, pasei unha cámara de fotos.16 Copiar [un texto], xeralmente introducindo certas modificacións. Pasar un traballo.17 Deixar atrás [un lugar, un suceso, un acontecemento etc.]. Fomos moi lonxe, pasamos Ourense. Xa pasamos o inverno.18 Atravesar [un lugar], ir dun lado ao outro de [un lugar]. Pasaron o río nadando. Pasar a fronteira.19 Participar durante un período de tempo [dunha situación determinada]. Pasaron unha mala época. SINÓNIMO atravesar Pasaron xuntos momentos marabillosos.20 Saltar ou omitir [un elemento dunha serie]. Pasou dúas follas sen ler.21 Proxectar [unha película]. Durante este mes pasan un ciclo de cine de terror.22 Lucir ou levar posto [un modelo ou outra cousa] durante un desfile. As modelos pasaron roupa dos deseñadores galegos. verbo intransitivo23 Vir dun sitio de camiño cara a outro facendo ou non unha parada. O autobús pasa ás tres. Pasaron por aquí cerca do medio día.24 Desprazarse dun lugar a outro. Pasamos da sala á cociña. SINÓNIMO ir25 Cambiar dunha ocupación, estado, opinión etc., para outro. Pasou do ensino á política. Pasamos a outro asunto. Nun momento pasa das risas aos choros. Pasou a sexto. Pasemos a outro punto.26 Ir a un lugar e parar nel. Cantas veces che dixen que pasases pola súa casa? SINÓNIMO ir27 [Suceso, estado etc.] chegar á súa fin, quedar atrás. Xa pasou a tronada. SINÓNIMOS cesar, parar1 Logo pasa o verán. SINÓNIMOS acabar, irse, rematar, terminar Pasaron tres anos desde a última vez que o vin. Como pasa o tempo! SINÓNIMOS avanzar, correr, transcorrer Xa me pasou a dor de cabeza.28 Non participar en determinados xogos, nunha xogada. Tira ti que eu paso. ANTÓNIMO ir29 Ser válido para o fin que se busca, non estar mal. A vasoira está vella, pero aínda pode pasar. -Gústache a chaqueta?-Pode pasar.30(pasar por) Ser considerado como. Pasa por rico pero non o é.31 [Alguén] ter bastante ou chegarlle con algo. Cunhas pataquiñas e un cacho de pan, eu xa paso.32 [Feito] ter lugar. E logo que che pasou? SINÓNIMOS acaecer, acontecer, ocorrer, suceder33(pasar sen) Non necesitar a cousa que se expresa. Eu sen coche paso perfectamente.34(pasar por) Tolerar a cousa que se expresa. Por ese desprezo non paso.35 Ir máis aló de. Non vos afastedes, non pasedes da ponte. Os seus proxectos non pasan das palabras.36(pasar por) [Río, vía de comunicación] incluír como parte do seu percorrido certo lugar. O Miño pasa por Tui.37 [Cousa] poder atravesar por un lugar. O moble pasa moi xusto polo corredor. Este fío tan groso non pasa polo ollo da agulla.38 popularTransmitirse As tradicións pasan de pais a fillos. verbo pronominal39 Superar o límite que se considera razoable. Non te pases. SINÓNIMO excederse Pásase de listo.40 Esquecer algo. -Fuches á tenda? -Non, pasóuseme.41 [Alimento] deixar de estar en bo estado. A froita pasouse. CONFRÓNTESE podrecer42 Integrarse nun grupo tras abandonar outro distinto no que se estaba. Pasouse ao inimigo. FRASES E EXPRESIÓNS CON pasar A pasar locución adverbial Superficialmente, sen pararse moito. Fíxoo a pasar e así lle quedou. Pasalo benDivertirse Só pensa en saír por aí e pasalo ben. Pasar a mellor vida VÉXASE vida1 Pasar de curso [Alumno] acceder ao curso seguinte. Dúas materias suspensas era o máximo permitido para poder pasar de curso. Pasar o ferro VÉXASE ferro Pasalo mal 1Aburrirse Non me estraña que o pases mal, levas toda a tarde pechada no cuarto. 2 Atravesar unha situación difícil ou desagradable, física ou psíquica. Tras a morte do seu pai pasouno mal, pero superouno co apoio dos seus amigos. Pasar o tempo VÉXASE tempo Pasar por Someter á acción de algo. Pasar polo cribo. Pasar polo forno. Pasar pola auga. Pasar por alto (algo) Omitir algo a propósito ou sen decatarse. Ao facer a lista da compra, pasou por alto que non quedaba leite.Voz actualizada 2018-10-10 09:43:28 Engadiuse a frase "pasar de curso"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí