pata
Audio 1
Audio 2
Audio 3

pata substantivo feminino1 Cada unha das extremidades sobre as que un animal se sostén e camiña. O can ten catro patas, a galiña dúas.2 Cada un dos elementos que constitúen a parte inferior dun moble e que lle serven de apoio. As patas dunha cadeira. As patas dunha cama. SINÓNIMO 3 coloquial Perna dunha persoa. Vaia patas longas tes. FRASES E EXPRESIÓNS CON pata A catro patas Apoiando no chan os pés, os xeonllos e as mans. O cativo percorreu o cuarto a catro patas. SINÓNIMO de poutelas Á pata coxa Cunha perna encollida e saltando sobre a outra. Viña pola rúa á pata coxa. A patas coloquialAndando -En que viñestes? -A patas. Estirar a pata coloquialMorrer O paxaro estirou a pata por mor da calor. Mala pata familiar Mala sorte. Foi ben mala pata o ires e non o ver. Meter a pata familiar Intervir de maneira equivocada nun asunto. Non lle debiches falar diso, metiches a pata. Pata de galo Engurra que se forma no ángulo exterior ocular. A pesar do nova que é, xa ten patas de galo. Pata de pau Peza de madeira empregada para substituír unha perna amputada. O pirata tiña unha pata de pau. Patas arriba En desorde. Sempre ten a casa patas arriba.

pato, pata
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

pato2 (feminino: pata) substantivo1Parrulo Os patos poden ser de cores moi variadas. FRASES E EXPRESIÓNS CON pato Pagar o pato Sufrir as consecuencias ou levar as culpas de algo que fixo outra persoa. Aínda que non tiña nada que ver co roubo na cafetaría, ao final foi el quen pagou o pato.

pato, pata
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

pato1 (feminino: pata) adxectivo VÉXASE piollo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!